"Marx" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 148.

  • Lousa ou pedra grande que se chanta nas marxes dun terreo para cercalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Stipa, da familia das poáceas. As follas son ríxidas, lineais e enroladas, co extremo punzante e a marxe cuberta de pelos. Forma moutas densas e duras que poden dominar certas paisaxes áridas. As inflorescencias son panículas, estreitas e densas, de cor amarelenta, que presentan unha única flor hermafrodita por espiguiña. A especie máis importante é Stipa tenacissima, que non é apta para a alimentación do gando pero da que tradicionalmente se usan as follas como importante fibra téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo mariño que ten a capacidade de adaptarse a unha ampla marxe de salinidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que tolera unha ampla marxe de temperaturas no medio onde vive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión de transición entre as zonas mediana e antemarxinal, que é a zona contigua á marxinal das ás dos insectos. Equivale á posdiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema político instaurado en Italia pouco despois da Primeira Guerra Mundial por Benito Mussolini, baseado nunha estrutura corporativa de carácter totalitario e nacionalista, e que tivo como trazos definidores o antiliberalismo, o antimarxismo e o anticapitalismo.

      2. Ideoloxía que inspira o sistema político instaurado en Italia por Mussolini.

    1. Actitude autoritaria, arbitraria e violenta, coa que unha persoa se impón a un grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo que existe entre o veo do padal e a entrada do esófago e da larinxe.

      2. Parte anterior do pescozo.

      1. Parte estreita dunha cousa.

      2. Parte máis estreita dunha columna e dun balaústre.

      3. Paso estreito entre montañas.

    1. Moldura curva cunha sección cóncava por arriba e despois convexa.

    2. Gorxa escavada por un torrente subglaciario nas marxes dun inlandsis.

    3. Esófago.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina científica que estuda o sistema dunha lingua ou grupo de linguas. É a materia nuclear da lingüística, á marxe de factores sociais, culturais e biolóxicos das linguas e da variación situacional e espacial da lingua.

    2. Gramática na que non se estuda o sistema dunha lingua en concreto senón o de varias, confrontándoos.

    3. Gramática que se centra no estudo das relacións dependenciais ou conectivas, explorando os vínculos entre as partes que integran a estrutura oracional.

    4. Gramática que expón o funcionamento real do sistema, sen facer consideracións sobre qué opcións se deben usar ou evitar.

    5. Gramática que concibe e analiza a lingua como un sistema de elementos que manteñen relacións entre si e o valor dos cales depende da súa posición no sistema.

    6. Gramática que estuda o sistema da lingua ao longo do tempo.

    7. Gramática que tenta establecer unha norma preceptiva de corrección.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.

      2. alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.

      3. Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.

      4. Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudos de ensino medio e superior.

      5. Cada unha das partes en que se divide a duración das penas.

      6. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou distancia que separa o padal e a lingua, nunha emisión vocálica normal.

      7. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou marxe de abertura do canal glótico ou supraglótico, nunha emisión consonántica normal.

      8. Cada un dos valores ou nivel de expresión susceptible de ser manifestado por un adxectivo. Distínguense tres graos: o positivo, o comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e o superlativo.

    1. Nome que acompaña os títulos de certos estudos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Barrio habitado pola comunidade xudía.

      2. Barrio ou lugar dunha cidade habitado por un determinado grupo étnico ou comunidade marxinal.

    1. Sector social, delimitado xeograficamente, en que a maioría da poboación ten unhas características propias e diferenciadas que fan que se segregue do resto da poboación á que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO