"Alcar" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 102.

  • Pisar ou premer, especialmente a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equinodermos.

    2. Deuteróstomo do filo dos equinodermos.

    3. Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que se localiza na mesoglea das esponxas e que dá orixe a espículas calcarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cemento carbonatado dunha rocha calcaria en forma de cristais maiores de 10 µm, que enche poros xa existentes entre os elementos xa acumulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflorescencia elemental típica das poáceas, que consta de flores hermafroditas, que a miúdo levan cada unha delas dúas brácteas, as glumelas, situadas sobre un eixe delgado que leva na base as glumas.

    2. Cada unha das agullas calcarias ou silícicas que forman parte do corpo das esponxas non córneas e que constitúen a armadura fundamental do seu esqueleto.

    3. Cada unha das pezas esqueléticas do dermatoesqueleto dalgúns equinodermos.

    4. Materia incandescente que lanza o Sol, desde toda a súa superficie cara á atmosfera solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia orgánica e imputrescible de natureza proteica que constitúe o esqueleto interno das esponxas non calcarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha sedimentaria formada fundamentalmente por espículas de esponxas cementadas por ópalo, calcedonia, pedra calcaria e arxila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concreción calcaria que pendura da bóveda dunha cavidade, e que se produce pola sedimentación do carbonato cálcico disolto nas augas freáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concreción calcaria no chan dunha cavidade, e que se produce pola sedimentación do carbonato cálcico disolto nas augas freáticas, normalmente baixo unha estalactita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reaparición das augas subterráneas desaparecidas de forma difusa nun terreo calcario.

    VER O DETALLE DO TERMO