equinodermo -ma

equinodermo -ma

equino- + -derma

Plural: equinodermos Masculino: equinodermo Masculino plural: equinodermos Feminino: equinoderma Feminino plural: equinodermas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos equinodermos.

  2. s m [ANIMAL ]

    Deuteróstomo do filo dos equinodermos.

  3. s m pl [ANIMAL ]

    Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa.