espícula
espícula
lat spicula ‘espiga pequena’
-
s
f
[BOT ]
Inflorescencia elemental típica das poáceas, que consta de flores hermafroditas, que a miúdo levan cada unha delas dúas brácteas, as glumelas, situadas sobre un eixe delgado que leva na base as glumas.
-
s
f
[ZOOL ]
Cada unha das agullas calcarias ou silícicas que forman parte do corpo das esponxas non córneas e que constitúen a armadura fundamental do seu esqueleto.
-
s
f
[ZOOL ]
Cada unha das pezas esqueléticas do dermatoesqueleto dalgúns equinodermos.
-
s
f
[ASTRON ]
Materia incandescente que lanza o Sol, desde toda a súa superficie cara á atmosfera solar.