"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

  • Lugar da casa romana destinado ao culto doméstico dos lares. Consistía nun sacrarium ou nun pequeno edículo decorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que xera luz coherente, case monocromática e altamente direccional no dominio espectral que vai das ondas submilimétricas aos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é lateral.

    2. Predominio funcional dos órganos e membros dun lado do corpo humano sobre os do outro. As causas poden ser biolóxicas ou culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de propiedade e explotación de áreas rurais ou agrarias onde predomina o réxime de latifundio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prestación propia do réxime feudal que consistía nun tributo monetario ou en especias que se remuneraba ao señor do dominio directo na transmisión de bens inmobles. Abonábase tras a morte do vasalo ou no momento da sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ler.

    2. Obra que está destinada a ser lida ou que se le.

    3. Interpretación do sentido ou significado dun texto, filme, cadro ou de calquera outra obra.

      1. Interpretación da información rexistrada nun soporte de almacenamento mediante un lector axeitado.

      2. Recoñecemento automático de datos en forma de marcas feitas á man sobre un papel ou tarxeta.

      3. Lectura de caracteres impresos cunha tinta especial (tinta magnética), que se chaman caracteres magnéticos.

      4. Lectura de caracteres, impresos ou non, de tipo corrente.

      1. Interpretación das palabras pronunciadas por unha persoa a través da observación do movemento dos seus labios, que se emprega sobre todo na educación dos xordomudos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Norma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os Estatutos de Autonomía atribúen o poder lexislativo.

    2. Denominación que se adoita dar á lei procesual e á lei penal, en tanto que regulan a actividade procedemental desenvolvida polos organismos xurisdicionais e castigan as condutas punibles segundo a lei penal.

    3. Lei aprobada pola asemblea lexislativa que ten por finalidade delegar noutro órgano a formación de textos articulados, delimitando con precisión o obxecto e o alcance da delegación.

    4. Facultade que o ordenamento xurídico outorga aos contratantes de regular, ao seu arbitrio, o contido do contrato en todas aquelas materias en que predomina o principio de autonomía privada. Os pactos ou as cláusulas contractuais que se derivan teñen forza de lei entre as partes contratantes se non son contrarias ás leis, á moral e á orde pública.

    5. Lei que define e regula a actividade, a organización e as institucións políticas dun estado.

    6. Disposición de carácter punitivo ditada pola autoridade militar en situacións como as de estado de guerra ou similares.

    7. Lei para regular o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, a aprobación dos estatutos de autonomía, do réxime electoral xeral e outras materias explicitamente establecidas na Constitución de 1978. A súa aprobación, modificación e derrogación esixe o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.

    8. Norma xurídica que se refire exclusivamente a unha certa categoría de persoas, cousas ou relacións xurídicas ou que rexe unicamente en lugares determinados.

    9. Lei ou conxunto de normas ditadas polo poder lexislativo competente para regular as necesidades xurídicas da comunidade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas e posicións políticas baseadas na obra de V. I. Lenin, que se caracterizou por tomar o poder apoiándose no partido bolxevique, atacou ao imperialismo e defendeu as loitas de liberación nacional contra as potencias dominantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos leptostráceos.

    2. Crustáceo da orde dos leptostráceos.

    3. Orde de crustáceos malacostráceos, da superorde dos filocáridos, de pequeno tamaño, co corpo con oito segmentos abdominais e recuberto dunha cuncha bivalva.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos que representan os sons dunha lingua.

      2. Modo particular de escribir dun individuo, ou que se emprega nun país ou nunha época. Así, fálase de letra visigótica, uncial, cursiva ou itálica, caligráfica ou notarial.

      3. Letra maiúscula escrita á man que imita os trazos das letras impresas.

    1. Grupo de palabras que forman un texto, en oposición ao contido.

    2. Conxunto de palabras ás que se lles pon música para ser cantadas.

    3. Comunicación escrita que se dirixe a unha persoa ausente.

    4. Peza fundida de metal de forma prismática rectangular, cunha grafía gravada na súa base, ou calquera outro tipo de representación gráfica, que se emprega para imprimir nun papel.

      1. Ámbito cultural en que predomina o cultivo das disciplinas humanísticas, sobre todo a literatura.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO