"EUR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 570.

    1. Cada unha das extremidades de calquera animal.

    2. Cada un dos membros inferiores dunha persoa.

    3. Cada unha das pezas dun moble que o mantén en pé e en equilibrio servíndolle de punto de apoio sobre o chan.

    4. Terminal metálica de diversos compoñentes electrónicos de semicondutores, principalmente circuítos integrados, que permiten fixar o compoñente sobre a placa do circuíto impreso e establecer as conexións eléctricas coas pistas.

    5. Peza de buxo, moi semellante á bisagra, que empregan os zapateiros para alisar e puír as solas do calzado.

    6. Alga, da familia das xigartináceas, que presenta talo vermello e cartilaxinoso e que se pode atopar en rochedos do litoral, onde é moi abundante.

    7. Engurra que, cos anos, se forma ao lado do ángulo externo dos ollos.

    8. Conxunto aponeurótico constituído polos tendóns inferiores do recto interno da coxa, o sartorio e o semitendinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é evidente, manifesto ou claro.

    2. Aplícase ao órgano que forma un ángulo moi aberto co eixe que o soporta.

      1. Título librado por un soberano ou goberno superior que confire certos privilexios ou dereitos.

      2. Licenza para exercer unha profesión ou oficio.

      3. Certificado que outorga o estado polo que se recoñece o dereito a utilizar en exclusiva un invento e comercializar e vender os obxectos fabricados.

      4. patente de corso.

      5. Documento expedido polas autoridades da mariña, que autoriza unha embarcación para a navegación.

      6. Sistema internacional de patentes, con validez para todos os estados asinantes do Convenio de Múnic (1973), que é regulado pola Organización Europea de Patentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza de cerimonia cortesá, de ritmo binario e pausada, que apareceu en Europa cara a 1525.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tegumento resistente e flexible que recobre a superficie do corpo e que continúa, nos orificios naturais, coas mucosas que tapizan os sistemas respiratorio, dixestivo e xenito-urinario. Está constituída por unha capa epitelial ectodérmica, a epiderme, e unha capa mesodérmica, a derma.

    2. Coiro, sobre todo se está curtido ou conserva o seu pelo natural, que se emprega para fabricar cousas.

    3. 1 pela.

    4. Pel que se atopa nun estado que se caracteriza pola erección dos folículos pilosos, que forman pequenas eminencias cónicas por contracción das fibras lisas.

    5. Nome dado polos europeos aos individuos de tribos amerindias que ocupan os bosques de Canadá, a conca do Mississippi e a península de Florida, polo costume de pintar a cara con cores vermellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se orixina a partir dun déficit de ácido nicotínico, e que se caracteriza por presentar síntomas gastrointestinais, trastornos cutáneos e trastornos nerviosos psicolóxicos e neurolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Perigordiano.

    2. Industria lítica das primeiras fases do Paleolítico Superior do occidente europeo, estudada principalmente en Perigord. O termo e o concepto foron discutidos e algúns autores prefiren distinguir entre Gravetiano e Chatelperroniano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aíña que envolve os funículos nerviosos ou grupo de fibras nerviosas en cada nervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade monetaria española, en curso desde 1868 ata 2002, que deixou de circular coa entrada en vigor do euro.

    2. Parte exterior dos xenitais femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de pus e aire na cavidade pleural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta, da familia das amarilidáceas, que presenta pouco talo, follas moi desenvolvidas, carnosas, lanceoladas e moi grandes, coa marxe chea de espiñas, e flores amarelas dispostas en inflorescencias en panícula.

    2. Fibra téxtil que se obtén das follas dun tipo de pita que se cultiva nas illas Mauricio, nas zonas tropicais de América, no N de África e en Europa Meridional, e que se emprega para facer algúns tecidos, cordas e cordeis.

    VER O DETALLE DO TERMO