pata

pata
Plural: patas
  1. s f

    Cada unha das extremidades de calquera animal.

  2. s f col

    Cada un dos membros inferiores dunha persoa.

  3. s f

    Cada unha das pezas dun moble que o mantén en pé e en equilibrio servíndolle de punto de apoio sobre o chan.

  4. s f [TECNOL ]

    Terminal metálica de diversos compoñentes electrónicos de semicondutores, principalmente circuítos integrados, que permiten fixar o compoñente sobre a placa do circuíto impreso e establecer as conexións eléctricas coas pistas.

  5. pata de cabra

    Peza de buxo, moi semellante á bisagra, que empregan os zapateiros para alisar e puír as solas do calzado.

  6. pata de galiña [PROTISTA ]

    Alga, da familia das xigartináceas, que presenta talo vermello e cartilaxinoso e que se pode atopar en rochedos do litoral, onde é moi abundante.

  7. pata de galo

    Engurra que, cos anos, se forma ao lado do ángulo externo dos ollos.

  8. pata de ganso [ANAT ]

    Conxunto aponeurótico constituído polos tendóns inferiores do recto interno da coxa, o sartorio e o semitendinoso.

Frases feitas

  • A pata. A p

  • A pata coxa. Saltar sobre un p

  • Andar a catro patas. Andar de gati

  • Mala pata. Mala sorte.

  • Meter a pata. Equivocarse.

  • Pata de banco. Expresi

  • Patas arriba. Estar algo en desorde.