"AIX" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1647.

    1. Parte do espazo que se observa desde a superficie terrestre, en forma de cúpula, en que se inclúen o Sol, a Lúa e as estrelas.

      1. Lugar que se considera como a morada de Deus e dos benaventurados.

      2. Deus mesmo.

    2. padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio de diversas formas e tamaños, formado por unha superficie en que se fixan grupos de sedas, fibras ou elementos semellantes, e que ten diferentes usos.

    2. Ferramenta alongada do carpinteiro en que vai introducida unha coitela de arriba a abaixo, que se emprega para alisar e dar forma á madeira, logo de pasala varias veces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do encéfalo que ocupa case toda a caixa craniana e descansa sobre as fosas anterior e media da base do cranio. Divídese en dúas metades simétricas, os hemisferios, e regula a vida vexetativa, ao mesmo tempo que constitúe o punto de inserción somática da vida psíquica.

    2. Ganglios nerviosos cefálicos dos invertebrados, especialmente cando centralizan a actividade nerviosa.

      1. Mente.

      2. Persoa moi intelixente.

      3. Persoa que deseña os plans para levar a cabo un asunto.

    3. Concreción calcaria impura formada por nódulos dispersos nos limos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cifra que representa a ausencia de unidades e é o elemento neutro na suma de números enteiros.

      2. alor da variable independente x para o que a función f(x) vale cero.

    1. Representación gráfica dese número.

    2. Nota máis baixa que se pode obter nunha cualificación.

    3. Ningunha cousa.

      1. Punto desde o que se comezan a contar os graos ou as divisións dunha escala.

      2. Temperatura en que a enerxía do movemento molecular é nula. Equivale a cero graos Kelvin (-273,15 °C).

      3. Indicación que dá un aparato de medición antes de sometelo á acción da magnitude que se quere medir.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encaixar por completo algo que se abre no seu marco ou oco correspondente. Tm v i.

    2. Xuntar dúas partes do corpo ou dalgunha cousa articulada por un extremo para que desapareza a súa abertura.

    3. Poñer a peza que tapa un obxecto.

    4. Asegurar cun mecanismo adecuado algo para impedir que se abra.

      1. Delimitar un lugar de tal modo que quede separado do que o rodea.

      2. Estar algo ou alguén incomunicando un recinto, un edificio ou outro lugar co exterior ou impedindo o paso de algo.

    5. Interromper definitiva ou temporalmente a actividade de algo.

    6. Dar por rematado e establecido un trato ou un asunto.

    7. Rematar un traballo ou realizar a última tarefa del.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero ruminante, da familia dos cérvidos, con aspecto áxil, patas longas e delgadas. O pelame adoita ter as partes inferiores máis claras e no traseiro aparécelles unha zona moi clara, baixo unha cola curta. Os machos posúen unha cornamenta ramificada, que se desprende en primavera.

      2. Cervo pequeno, sen hastas, pero cuns caninos moi desenvolvidos.

      3. Cervo de pelame acastañado arrubiado no verán e acastañado agrisado no inverno.

      4. Cervo que viven en lugares abertos.

      5. Cervo orixinario de Asia que se estendeu por Europa onde vive sobre todo en catividade.

      6. Cervo propio dalgunhas rexións de Bolivia, de Paraguay e de Brasil.

      7. Cervo de cor acastañada con pintas, coa cabeza máis clara e cunha liña negra ao longo do pescozo e lombo.

      8. Cervo de talle mediano, coa hasta curta e moi ramificada que é propio de EE UU.

      9. Cervo cunha cornamenta de ata 1 metro de envergadura e 12 puntas.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación herbácea mesta e de baixa altura que cobre unha extensión de terreo.

    2. Terreo de xogo, especialmente no fútbol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa que levan algunhas embarcacións para gardar pequenos útiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Descontinuidade do medio gasoso que materializa a zona de reacción da combustión, onde se produce unha transformación química irreversible dunha mestura de gas combustible e de comburente.

      2. Superficie que separa a parte de mestura acendida da que aínda non o está.

    1. Ardor apaixonado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra de madeira que, encaixada na segorella e colocada de forma perpendicular ás rodas do muíño, se emprega para regular a caída do gran.

    2. Táboa fixada no bordo dunha embarcación a remo onde van colocados os toletes.

    VER O DETALLE DO TERMO