cero

cero

lat tardío zephyrum ár ṣ ifr ‘baleiro, cero’

Plural: ceros
    1. s

      Cifra que representa a ausencia de unidades e é o elemento neutro na suma de números enteiros.

    2. cero dunha función

      alor da variable independente x para o que a función f(x) vale cero.

  1. s m

    Representación gráfica dese número.

  2. s m

    Nota máis baixa que se pode obter nunha cualificación.

  3. s m

    Ningunha cousa.

    1. s

      Punto desde o que se comezan a contar os graos ou as divisións dunha escala.

    2. cero absoluto

      Temperatura en que a enerxía do movemento molecular é nula. Equivale a cero graos Kelvin (-273,15 °C).

    3. cero dun aparato

      Indicación que dá un aparato de medición antes de sometelo á acción da magnitude que se quere medir.

  4. s m [FISIOL ]

    Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0. Os individuos deste grupo sanguíneo presentan eritrocitos sen ningún aglutinóxeno e o seu plasma contén as aglutininas anti-A e anti-B.

  5. cero das cartas [MAR ]

    Orixe das medidas nas cartas mariñas que se corresponde co nivel maior de baixamar posible, de xeito que non se pode atopar en ningún lugar unha altura menor de auga ca a indicada.

Citas

  • A cifra 1,000 está formada por un un e tres ceros
  • ceromancia.
  • Puxéronlle un cero en francés
  • ¿Sabes algo de mar? Non, eu de mar cero