"AVI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 972.

      1. Acción e efecto de dividir ou dividirse.

      2. Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto bxc sexa igual a a.

      3. Especialización das unidades económicas ou traballadores nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo.

      4. Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD.

      1. Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.

      2. Categoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais, en que se dividen os reinos e que agrupa as clases.

      3. Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.

      4. Conxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico ben en función de méritos deportivos contraídos con anterioridade, ben porque, sen reuniren eses requisitos, cumpren outras condicións requiridas na regulamentación.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo drávida.

    2. Individuo do pobo drávida.

    3. Pobo da Antigüidade que se estendía pola India e Birmania.

    4. Familia de linguas que se falan na India. Literariamente, as linguas drávidas máis destacadas son o támil, o malayalam, o telugu e o kanarés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos drávidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Operación de extracción do exceso de auga dun terreo húmido a través de dispositivos axeitados.

      2. Sistema que se emprega para acelerar o proceso de consolidación dun terreo ao facilitar a saída da auga intersticial da terra.

      1. Conxunto de medios que se destinan a drenar.

      2. Medida pola que queda asegurada a saída de líquidos dunha ferida ou cavidade.

      1. Derivación permanente de corrente cara a unha resistencia conectada en paralelo cunha carga variable, co fin de conseguir unha mellor regulación dunha fonte de alimentación.

      2. Procedemento de protección catódica, que se emprega especialmente contra correntes errantes.

    1. Evacuación das augas dunha rede fluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de observación da posición, a constitución e as funcións das cavidades cardíacas e das válvulas, por medio da ecografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dilatación da luz ou da cavidade dunha estrutura anatómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[lnK]/∂T)p =∆H0/RT2, ∆H0 sendo a variación de entalpía na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.

    2. Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.

    3. Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma



      A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1 e H2 as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.

    4. Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección).

    5. FÍS Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q.

    6. Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa, segundo a ecuación E=mc2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.

    7. Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n > 1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.

    8. Unha das complexas ecuacións empregadas para describir os contornos dos campos gravitatorios e doutras forzas na dimensión espazo-tempo.

      1. Corrección ou cantidade que cómpre ter en conta ao relacionar a posición dun astro coa que tería, se posuíse un movemento uniforme.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Advertencia, orde ou decreto publicado pola autoridade coa finalidade de promulgar unha disposición, facer pública algunha resolución, dar noticia da celebración dun acto ou notificar calquera decisión.

    2. Escrito que se fai público e en que se comunica un aviso oficial.

    3. Documento da Inquisición que se lía cada ano nun domingo da Coresma, nas igrexas onde existise un Tribunal do Santo Oficio, e que recollía feitos ou ditos que os inquisidores consideraban delitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de elevar ou de elevarse.

    2. Parte máis alta dunha cousa con respecto ao que a circunda.

    3. Técnica coreográfica introducida no ballet no s XVIII que consiste na creación dun efecto de ingravidez por medio de saltos e doutros movementos complementarios.

    4. Parte da acción do salto de altura que se inicia cando o atleta perde o contacto co chan. OBS: Tamén se denomina voo.

    5. Movemento lento dos membros superiores ou inferiores, que en ximnasia, se separan do eixe principal para poder colocarse de fronte ou de costado sobre o nivel da articulación correspondente.

    6. Proxección ortogonal dunha figura ou dun corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.

      1. Xesto que consiste en presentar unha ofrenda á divindade.

      2. Xesto que na misa romana consiste en amosar a hostia e o cáliz para a veneración dos asistentes.

      3. Parte da misa en que se leva a cabo esta acción.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elaborar unha obra de carácter intelectual ou científico a forza de moito traballo e de moito tempo.

    2. Cavilar nun asunto ou imaxinar cousas sen ningún fundamento. Tm abs.

    VER O DETALLE DO TERMO