drenaxe

drenaxe

fr drainage ingl drainage

Plural: drenaxes
    1. s

      Operación de extracción do exceso de auga dun terreo húmido a través de dispositivos axeitados.

    2. drenaxe vertical

      Sistema que se emprega para acelerar o proceso de consolidación dun terreo ao facilitar a saída da auga intersticial da terra.

  1. s f
    1. Conxunto de medios que se destinan a drenar.

    2. [MED ]

      Medida pola que queda asegurada a saída de líquidos dunha ferida ou cavidade.

  2. s f
    1. Derivación permanente de corrente cara a unha resistencia conectada en paralelo cunha carga variable, co fin de conseguir unha mellor regulación dunha fonte de alimentación.

    2. Procedemento de protección catódica, que se emprega especialmente contra correntes errantes.

  3. s f [XEOL ]

    Evacuación das augas dunha rede fluvial.

Citas

  • Efectuaron a drenaxe do terreo para construír un aparcadoiro subterráneo
  • Fixeron a drenaxe do río para efectuar a súa limpeza
  • Fixéronlle unha drenaxe despois da operación de colon
  • Instalaron unha nova drenaxe no xardín