"par(a)" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 528.

    1. Relativo ou pertencente á parede orgánica.

    2. Óso par da bóveda cranial, de orixe membranosa, que se localiza en todos os vertebrados e que, no home, forma a parte media da bóveda, delimitado polo frontal, polo occipital e polos temporais. OBS: Tamén se denomina óso parietal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla pinnaticomposta que termina nun número par de folíolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de participar.

    2. Escrito en que se comunica ou notifica un acontecemento a alguén.

    3. Parte que se xoga nun décimo na lotaría e papel en que consta.

    4. Relación que, nas filosofías antiga e medieval, teñen as cousas sensibles coas ideas ou os seres creados e finitos co ser absoluto e infinito.

      1. Porcentaxe que fai unha empresa sobre as vendas totais dun produto.

      2. Parte dos beneficios que se distribúe a determinadas persoas ou a grupos (empregados, traballadores, directivos ou socios) dunha empresa.

    5. Delito que consiste en cooperar máis dunha persoa nun acto criminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. participar.

    2. Aplícase á sociedade dentro da que outra empresa mantén unha participación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar algo ou a alguén dun lugar a outro.

    2. Facer chegar algunha cousa a alguén.

    3. Experimentar unha situación desagradable.

    4. Ocupar determinado tempo na realización dunha actividade.

    5. Facer que unha cousa vaia a través doutra ou pola súa superficie.

    6. Transmitir algunha cousa. Tm v pron.

    7. Someter un alimento a unha cocción excesiva.

    8. Superar unha dificultade ou obstáculo.

    9. Deixar un obxecto que algo penetre a través de si.

    10. Perdoar ou tolerar algunha cousa.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das extremidades de calquera animal.

    2. Cada un dos membros inferiores dunha persoa.

    3. Cada unha das pezas dun moble que o mantén en pé e en equilibrio servíndolle de punto de apoio sobre o chan.

    4. Terminal metálica de diversos compoñentes electrónicos de semicondutores, principalmente circuítos integrados, que permiten fixar o compoñente sobre a placa do circuíto impreso e establecer as conexións eléctricas coas pistas.

    5. Peza de buxo, moi semellante á bisagra, que empregan os zapateiros para alisar e puír as solas do calzado.

    6. Alga, da familia das xigartináceas, que presenta talo vermello e cartilaxinoso e que se pode atopar en rochedos do litoral, onde é moi abundante.

    7. Engurra que, cos anos, se forma ao lado do ángulo externo dos ollos.

    8. Conxunto aponeurótico constituído polos tendóns inferiores do recto interno da coxa, o sartorio e o semitendinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo decápodo, braquiúro, da familia dos portúnidos, que presenta a cuncha de cor vermella, máis larga ca longa, con tres dentes entre os ollos e cinco a cada lado, o primero par de patas con forma de pinza e o último aplanado, que emprega como paleta natatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paurópodos.

    2. Artrópodo da clase dos paurópodos.

    3. Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, dividido en 11 segmentos, cun par de patas en cada un dos nove primeiros segmentos, antenas bifurcadas, coas pezas bucais simples e febles, cun par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corpo mineral sólido e duro, de composición moi variable, non metálico, que contén sales e óxidos metálicos, aos que debe a súa coloración, e constitúe as rochas.

      2. Pedra volcánica esponxosa e lixeira que constitúe a parte superior das lavas volcánicas que se emprega para puír e limpar superficies. OBS: Tamén se denomina pumicita.

    1. Anaco de materia mineral de certo tamaño, desprendida naturalmente dunha rocha, ou sacada artificialmente, que se emprega xeralmente en construción.

    2. Cálculo que se forma nos riles, na vexiga, nas vías urinarias ou na vesícula biliar.

    3. Auga de chuvia conxelada que cae en forma de bólas grandes.

    4. Peza pequena cilíndrica que está formada por unha aliaxe de ferro e cerio que produce a chispa nos acendedores de acendido por chispa.

    5. sarrio.

    6. carabuña.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio que consiste nunha lámina oblonga de material sólido, provista de pugas máis ou menos xuntas, que serve para desenlear e peitear o cabelo.

      1. Instrumento de ferro que se emprega para cardar a la.

      2. Armazón do tear, con fendas paralelas e perpendiculares, polas que hai que pasar os fíos do urdido.

    2. Instrumento con dentes que se emprega para alisar e limpar impurezas das fibras téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO