"NOT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 680.

    1. Acción e efecto de legalizar.

      1. Certificación da autenticidade dunha sinatura feita por un notario.

      2. Certificación das sinaturas dos documentos outorgados no estranxeiro, feita polas autoridades e representantes do país onde se producen os efectos.

      3. Certificación da autenticidade da sinatura dun notario feita por outros dous notarios do mesmo colexio ou polo xuíz de primeira instancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos que representan os sons dunha lingua.

      2. Modo particular de escribir dun individuo, ou que se emprega nun país ou nunha época. Así, fálase de letra visigótica, uncial, cursiva ou itálica, caligráfica ou notarial.

      3. Letra maiúscula escrita á man que imita os trazos das letras impresas.

    1. Grupo de palabras que forman un texto, en oposición ao contido.

    2. Conxunto de palabras ás que se lles pon música para ser cantadas.

    3. Comunicación escrita que se dirixe a unha persoa ausente.

    4. Peza fundida de metal de forma prismática rectangular, cunha grafía gravada na súa base, ou calquera outro tipo de representación gráfica, que se emprega para imprimir nun papel.

      1. Ámbito cultural en que predomina o cultivo das disciplinas humanísticas, sobre todo a literatura.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas de papel ou doutro material, manuscritas ou impresas, cosidas, pegadas ou fixadas entre si por calquera outro sistema, e encadernadas, destinadas á lectura.

    2. Publicación non periódica que ten máis de 48 páxinas.

    3. Reunión de documentos ou informes, en forma de libro, sobre un tema de actualidade, publicados, xeralmente, por algún organismo.

    4. Coleccións de documentos políticos editados por diferentes estados para informar sobre un tema, defenderse de acusacións doutros estados ou acusar a algún de agresión, de ilegalidade ou de non respectar un pacto.

    5. Libro en que se rexistra a cantidade e a natureza das mercadorías que transporta unha nave, así como o nome dos pasaxeiros.

    6. Libro en que se fai constar as decisións que adopta un tribunal, que non segue o procedemento, a vista e a sentenza dun asunto.

    7. novela de cabalerías.

    8. Rexistro en que se recollen as entradas e saídas de diñeiro dunha empresa con indicación da data da operación.

    9. Libro en que se rexistran os libros dunha biblioteca.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ligar.

    2. Cousa que serve para ligar ou atar algo ou alguén.

      1. Acción e efecto de unir ou obstruír un vaso ou órgano oco dun organismo.

      2. Intervención cirúrxica de esterilización feminina que consiste en practicar unha oclusión, mediante grampas ou clips, seguida habitualmente dunha sección, resección ou cauterización das trompas de Falopio.

      1. Signo da notación musical medieval que unía dúas notas co mesmo trazo.

      2. Combinación de dúas figuras, unha longa e unha breve, na notación medida.

      3. Trazo curvilíneo co que se indica nunha partitura musical que dúas notas ou máis deben ser interpretadas cunha soa emisión sonora.

    3. Nervio, nunha bóveda de cruzaría, que une a clave co vértice dos terceletes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano musculoso dos vertebrados, revestido dun epitelio sensorial e situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios. Ten as estruturas do gusto e realiza funcións importantes na deglución, na succión e na mastigación de alimentos e na articulación dos sons.

      1. Cousa ou ser vivo que ten forma de lingua.

      2. Fungo, da orde das fistulinais, de grandes sombreiros vermellos e a cutícula lisa e viscosa.

      3. Planta herbácea bienal, da familia das boraxináceas, de follas lanceoladas, densamente pelosa, e de flores de cor azul escura reticuladas de violeta. Medra en terreos secos.

      4. Fungo, da orde das cantarelais, de sombreiro convexo, cor branca e con aguillóns longos.

      5. Fungo, da familia das teleforáceas, de cor parda escura, sombreiro grande, aguillóns longos e o pé carnoso.

      6. Fungo, da familia das exidiáceas, en forma de masa viscosa de cor branquecina e aguillóns curtos. Pódese comer cru.

      1. Sistema de signos orais, reflectido a miúdo nun código escrito que serve para a comunicación. Desde un punto de vista xenético ou histórico, pódense clasificar as linguas tendo en conta o seu parentesco, e desde un punto de vista tipolóxico, segundo a porcentaxe de trazos afíns.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte d e compor con linotipo.

    2. Composición feita con linotipo.

    3. Obradoiro onde está o linotipo.

    4. linotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á linotipia ou ao linotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai a composición tipográfica cun linotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina de composición tipográfica que funde ao momento o metal en pezas que conteñen todas as letras nunha mesma liña, e que constituíu unha revolución no mundo tipográfico, porque suplía a seis ou sete caixistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relicario con forma de caixa ou arqueta.

    VER O DETALLE DO TERMO