libro

libro

lat liber, libri

Plural: libros
    1. s

      Conxunto de follas de papel ou doutro material, manuscritas ou impresas, cosidas, pegadas ou fixadas entre si por calquera outro sistema, e encadernadas, destinadas á lectura.

    2. s

      Publicación non periódica que ten máis de 48 páxinas.

    3. libro branco

      Reunión de documentos ou informes, en forma de libro, sobre un tema de actualidade, publicados, xeralmente, por algún organismo.

    4. libro branco/amarelo/vermello [DER ]

      Coleccións de documentos políticos editados por diferentes estados para informar sobre un tema, defenderse de acusacións doutros estados ou acusar a algún de agresión, de ilegalidade ou de non respectar un pacto.

    5. libro de a bordo [MAR ]

      Libro en que se rexistra a cantidade e a natureza das mercadorías que transporta unha nave, así como o nome dos pasaxeiros.

    6. libro de acordos [DER ]

      Libro en que se fai constar as decisións que adopta un tribunal, que non segue o procedemento, a vista e a sentenza dun asunto.

    7. libro de cabalarías [LIT ]

      novela de cabalerías.

    8. libro de caixa [ECON ]

      Rexistro en que se recollen as entradas e saídas de diñeiro dunha empresa con indicación da data da operación.

    9. libro de entradas BIBLIOT [BIBLIOT ]

      Libro en que se rexistran os libros dunha biblioteca.

    10. libro de escolaridade [EDUC ]

      Libro que recolle as cualificacións que o alumno obtivo en cada curso.

    11. libro de estilo [PUBLIC ]

      Libro realizado por unha empresa editora, en que se recollen as normas ortográficas, léxicas e de estilo que se deben empregar nas súas publicacións e traballos.

    12. libro de fábrica [RELIX ]

      Libro que consignaba a contabilidade dunha igrexa, parroquia, catedral ou mosteiro.

    13. libro de familia [DER ]

      Libro que se facilita aos que casan, para facer constar a súa situación civil e o nacemento dos fillos.

    14. libro de horas [RELIX ]

      Libro litúrxico de uso particular, que contén xeralmente as horas de diversos oficios votivos, o calendario, as ladaíñas, pregarias diversas e outros. En uso nos ss XIV-XV, están decorados con miniaturas, e en Galicia destaca o Libro de Horas de Fernando I (s XI).

    15. libro de navegación [DER ]

      Libro selado pola autoridade marítima que deben levar a bordo todos os barcos e no que o comandante rexistra todos os detalles da viaxe.

    16. libro de peto [PUBLIC ]

      Libro de formato reducido e ampla tiraxe.

    17. libro de reclamacións [DER ]

      Libro que han de ter os establecementos abertos ao público, en que os clientes poden formular queixas sobre o prezo ou a deficiencia dos servizos.

    18. libro de sinais [MAR ]

      Caderno en que figuran todos os sinais que poden facer os buques de acordo co Código Internacional de Sinais.

    19. libro de texto [EDUC ]

      Libro que contén as explicacións sobre unha materia e que está destinado aos alumnos dun centro de ensino.

    20. libro diario [DER ]

      Libro destinado, nos rexistros da propiedade, a anotar por orde de presentación, todos os documentos rexistrables.

    21. libro dos mortos / [RELIX/HIST ]

      Colección de textos de innovacións, feitizos, conxuros, oracións, himnos, ladaíñas e fórmulas máxicas, escritos xeralmente en rolos de papiro e con ilustracións, que se colocaban habitualmente nas tumbas dos exipcios ricos a partir do Imperio Novo.

    22. libro maior [DER ]

      Libro de comercio principal e obrigatorio en que se rexistran os feitos contables, previamente recollidos no libro diario, e que se clasifican sistematicamente, de acordo cos elementos que interveñen nunha produción.

    23. libro parroquial / [RELIX/DER ]

      Libro en que se rexistran os bauticeiros, casamentos e enterros de cada parroquia.

    24. libros sagrados [RELIX ]

      Conxunto de libros que conteñen a doutrina dunha relixión determinada.

    1. s

      Rexistro, semellante a un índice, onde se inclúen noticias ou datos.

    2. s

      Códice famoso, en especial os libros de privilexios, que polo feito de estar encadernados en pel ou tea, se coñece pola cor.

    3. libro de repartimento

      Libro en que, na época medieval, se rexistraban as escrituras individuais, aprobadas polo soberano e determinadas por unha comisión de repartidores, despois da conquista dun territorio.

  1. s m

    Cada unha das partes en que se pode dividir unha obra científica ou literaria, ou un texto legal.

  2. s m [ZOOL ]

    Terceira das catro partes en que se divide o estómago dos ruminantes. Presenta forma alongada, está situado entre o bonete e o calleiro, e ten numerosos repregamentos, feito que facilita a súa función, a absorción da auga.

Refráns

  • Non hai libro tan malo que non teña algo bo.
  • Quen nun libro saiba ler, algo pode aprender.
  • Vale máis ter libros de canta, que canta de libros.