"Fort" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 647.

  • Pobo prerromano de Gallaecia do Convento Lucense. Segundo as fontes, o seu territorio estendeuse pola bisbarra de Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carnívoro, da familia dos félidos, de gran tamaño, membros robustos e esbeltos e fortes zarpas. Presenta cabeza grande, orellas pequenas, cabeiros moi desenvolvidos e rabo delgado. A pel é de cor ocre, de tonalidade variable, e a crina máis escura. A femia é de menor tamaño, de pelaxe máis clara e non presenta guedellas. O león desenvolve costumes crepusculares, caza preto dos bebedoiros e aliméntase principalmente de animais herbívoros.

      1. Tema iconográfico moi corrente desde a Antigüidade. Aparece na representación de cazarías e nas tumbas reais occidentais, aos pés das figuras xacentes dos reis como símbolo do poder.

      2. Figura de león no tetramorfo que simboliza ao evanxelista Marcos, que ten a súa orixe na visión do profeta Ecequiel narrada no seu libro.

      3. Figura heráldica que se representa coas gadoupas levantadas, a destra alta, a sinistra un pouco máis baixa. A súa posición habitual é a de rampante.

    2. Símbolo da potencia do Reino de Xudá. Como título foi referido ao negus de Etiopia.

    3. Carnívoro pinípedo da familia dos otáridos, de gran tamaño, que presenta corpo fusiforme e coas patas posteriores rematadas en aletas. Habitan no mar aberto formando manadas de moitos individuos e en época reprodutiva acércanse ás costas onde acaparan o maior número de femias formando haréns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de partículas fundamentais de que está composta a materia, que se caracteriza polo feito de ser fermións e de non experimentar a interacción forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento forte e continuo do L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corda grosa, longa e forte de esparto ou cánabo, que se emprega para suxeitar ben a carga do carro, de vehículos ou remolques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntar ou suxeitar dúas cousa por medio de cordas ou ataduras.

    2. Poñer en relación varias cousas de xeito lóxico.

    3. Combinar dous metais fundíndoos nun só para formar unha aliaxe.

    4. Establecer unha forte relación entre persoas ou cousas. Tm v pron.

    5. Mesturar diversas substancias de xeito que formen unha masa homoxénea.

    6. Formar unha substancia un todo homoxéneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión ou relación forte e estreita entre persoas ou entre persoas e cousas.

    2. Relación lóxica entre dúas ou máis cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto da familia das rutáceas, moi ramificado e con fortes espiñas, follas anchas, cun soporte curto e flores brancas, que dá froitos de cor verde e amarelo cando maduran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema defensivo de fronteira ou raia fortificada en áreas periféricas do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de puntos do plano ou do espazo que son a imaxe, para unha aplicación continua, do conxunto dos números reais.

    2. Trazo que representa unha liña.

    3. Trazo dun grosor moi pequeno en relación coa súa lonxitude.

    4. Curvas de nivel que se corresponden a cotas expresadas en valores negativos, contados a partir da superficie do mar.

    5. Liña imaxinaria que une os puntos dunha costa en preamar ou en baixamar que teñen lugar á mesma hora.

    6. Lugar xeométrico dos puntos de contacto de dous perfís conxuntados dos dentes dunha engrenaxe durante o movemento.

    7. Liña dun campo vectorial na que os vectores que corresponden aos seus puntos son tanxentes a ela.

    8. Liña que, no seo dun fluído en movemento, nun instante determinado, é tanxente, en cada punto, ao vector velocidade do fluído neste punto.

    9. Liña de contacto entre a costa e o mar, que pode presentar diversas formas segundo o tipo de costa.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO