liña

liña

lat linĕa

Plural: liñas
    1. s [MAT ]

      Conxunto de puntos do plano ou do espazo que son a imaxe, para unha aplicación continua, do conxunto dos números reais.

    2. s

      Trazo que representa unha liña.

    3. s [MAT ]

      Trazo dun grosor moi pequeno en relación coa súa lonxitude.

    4. liña batimétrica [BIOL ]

      Curvas de nivel que se corresponden a cotas expresadas en valores negativos, contados a partir da superficie do mar.

    5. liña cotidal [XEOL ]

      Liña imaxinaria que une os puntos dunha costa en preamar ou en baixamar que teñen lugar á mesma hora.

    6. liña de acción [TECNOL ]

      Lugar xeométrico dos puntos de contacto de dous perfís conxuntados dos dentes dunha engrenaxe durante o movemento.

    7. liña de campo [FÍS ]

      Liña dun campo vectorial na que os vectores que corresponden aos seus puntos son tanxentes a ela.

    8. liña de corrente [FÍS ]

      Liña que, no seo dun fluído en movemento, nun instante determinado, é tanxente, en cada punto, ao vector velocidade do fluído neste punto.

    9. liña de costa

      Liña de contacto entre a costa e o mar, que pode presentar diversas formas segundo o tipo de costa.

    10. liña de crestas [XEOG ]

      Liña que une os puntos máis elevados situados entre dous vales.

    11. liña de falla [XEOL ]

      Liña de intersección do plano de falla coa superficie topográfica.

    12. liña de forza [FÍS ]

      Liña de campo cando se trata dun campo de forzas.

    13. liña de fuga [MAT ]

      En perspectiva, conxunto de puntos de fuga dos restos contidos nun plano dado.

    14. liña de horizonte [MAT ]

        Intersección do plano do horizonte co cadro, en xeometría descriptiva.

    15. liña de nivel [XEOG ]

      curva de nivel.

    16. liña de terra [MAT ]

      Intersección do plano de terra co cadro, en perspectiva.

    17. liña equinoccial [XEOG ]

      ecuador.

    18. liña mixta [MAT ]

      Liña formada por segmentos rectos e curvos que se suceden alternativamente.

    19. liña neutra [FÍS ]

      Liña dunha máquina eléctrica determinada pola posición das pezas condutoras que establecen o contacto eléctrico.

    20. liña trigonométrica [MAT ]

      Segmento co que se representa xeometricamente, baseándose nunha circunferencia de raio 1, as funcións trigonométricas.

  1. s f
    1. Aspecto externo dunha cousa que se deduce do seu contorno.

    2. Esveltez dun corpo.

  2. s f

    Serie de caracteres nun escrito.

  3. s f
    1. Conduta ou comportamento dunha persoa.

    2. Tendencia ou orientación de algo.

  4. s f [PESCA ]

    Arte de pesca que consta dun fío ou tanza, xeralmente de nailon ou cánabo, cunha chumbada e un ou varios anzois empalmados no extremo.

    1. s

      Camiño marítimo, aéreo ou terrestre entre dous puntos para efectos de transporte ou comunicación.

    2. s [COMUN ]

      Servizo regular de vehículos que recorren un camiño.

    3. liña aérea [AERON ]

      Compañía autorizada para facer operacións regulares de transporte de persoas, mercadorías e correo por medio de aeronaves.

    1. liña artificial [COMUN ]

      Rede formada por elementos pasivos, que simula as características eléctricas dunha liña de transmisión.

    2. liña de atraso [FÍS ]

      Liña de transmisión, real ou artificial, destinada especialmente a introducir un certo atraso nun sinal eléctrico calquera.

    3. liña de contacto [TRANSP ]

      Liña de transporte da corrente eléctrica para a alimentación das locomotoras eléctricas.

    4. liña de transmisión [COMUN ]

      Estrutura capaz de confinar e propagar enerxía electromagnética na dirección do seu eixe lonxitudinal, ou ben o conxunto de dous ou máis condutores que admiten propagación de ondas transversais electromagnéticas.

    5. liña de transmisión [INFORM ]

      Conxunto de circuítos interconectados que permiten que os datos se transmitan entre dous terminais calquera nun momento dado. Pode operar por medio dunha conexión punto a punto ou multipunto, entre diversas estacións terminais ao longo do seu percorrido.

    6. liña eléctrica [FÍS ]

      Condutor ou conxunto de condutores, xeralmente de cobre ou aluminio, que se empregan para o transporte e a distribución da enerxía eléctrica.

    1. s

      Serie de cousas ou persoas dispostas dunha maneira continua nunha dirección determinada.

    2. s [BÉL ]

      Serie de persoas, situadas unha a carón da outra, principalmente a efectos militares.

    3. liña de batalla [BÉL ]

      Disposición das tropas apta para as operacións de combate.

    4. liña de fogo [BÉL ]

      Serie de fortificacións e unidades de poboación expostas á acción ofensiva do inimigo.

  5. s f [XEN ]

    Conxunto de individuos que proceden dun proceso de autofecundacións sucesivas a partir dun só proxenitor homocigótico.

  6. s f [METROL ]

    Unidade de lonxitude igual á doceava parte dunha polgada.

  7. s f [COMUN ]

    Trazos en que se descompón a imaxe mediante a exploración. O conxunto de liñas constitúe a trama. Segundo a norma europea, a imaxe ten 625 liñas.

    1. s

      Liña recta que pasa polos arranques dun arco ou dunha bóveda.

    2. liña de imposta

      Intersección entre o intradorso dun arco ou bóveda e o paramento do muro sobre o que se apoian cada un dos seus puntos de arranque.

  8. liña lateral [ZOOL/ICT ]

    Órgano sensorial do equilibrio propio dos peixes e dos estados larvais dalgúns anfibios, que consiste nun sistema de canais mucosos superficiais distribuído polo tronco e a cola, seguindo a liña media lateral, e pola cabeza en diversas liñas ramificadas.

  9. liña Mackie [IND/ARTE ]

    Liña de luz ao redor das áreas escuras dunha imaxe, que se produce por solucións deterioradas, por insuficiente axitación ou por solarización.

  10. liñas de base [MAR ]

    Liña da baixamar ao longo da costa. Recoñecese nas cartas de navegación oficiais como a costa dun estado.

Sinónimos