"Alca" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 478.

  • Proceso de formación dun podzol, que consiste na alteración química das arxilas por acción dun humus cru moi ácido, que se ve favorecida por un clima frío e chuvioso, unha vexetación de uces ou coníferas, unha rocha nai rica en cuarzo, pobre en materiais alterables e sen calcarias e unha situación topográfica chá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal obtido por acción do xofre sobre sulfuros de metais alcalinos que contén anións polisulfuro na súa estrutura.

    2. Anión S n 2- derivado formalmente dos hidruros do xofre HS n H (n>1) por perda dos dous átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de actividades teóricas e prácticas referentes ás relacións entre os cidadáns dunha mesma colectividade ou entre diferentes colectividades.

      2. Conxunto de obxectivos, instrumentos e accións da UE a favor do desenvolvemento dos sectores agrario, forestal e pesqueiro e da organización do mercado interior europeo nos seus produtos.

      3. Acción pública exercida sobre a economía para alcanzar uns obxectivos que poden ser de moi diverso tipo.

      1. Maneira de actuar ou de conducir un asunto.

      2. Habilidade no trato coas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade dun recheo cárstico ao pé dunha escarpa calcaria, onde se perden as augas dun río que atravesa un polje ou unha chaira cárstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos poríferos.

    2. Animal do filo dos poríferos.

    3. Filo de animais pluricelulares, acuáticos e xeralmente mariños, de simetría radial ou asimétricos, que posúen un esqueleto interno de espículas calcarias ou silícicas e fibras de esponxina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico de número atómico 19 e peso atómico 39,0983, que pertence ao grupo I A, ou dos metais alcalinos, da táboa periódica. Forma aliaxes con numerosos metais e intervén na regulación dun gran número de procesos vitais.

    2. Sólido en forma de pos brancos delicuescentes, que se empregan na fabricación de vidros e cerámicas especiais, como deshidratante, aditivo alcalino para alimentos e cosméticos e na fabricación de tubos de televisión.

    3. Sólido cristalino incoloro de gusto fortemente salgado, que se emprega como fertilizante, en fotografía e como substituínte do cloruro sódico na dieta con fins terapéuticos.

    4. Sólido cristalino, vermello amarelado, que se emprega como pigmento, oxidante e reactivo analítico.

    5. Sólido branco que se emprega na fabricación de xabóns e deterxentes, como elemento de branqueo e como aditivo alimentario alcalino.

    6. Sólido cristalino, higroscópico, de gusto salino, que se emprega na preparación de fertilizantes.

    7. Sólido cristalino de cor púrpura escura e gusto astrinxente, altamente oxidante, que se emprega como oxidante industrial, analítico e sintético, como desinfectante e como axente branqueador.

    8. Sólido cristalino que se emprega como fertilizante para os cultivos de cítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escavación vertical e profunda, practicada no solo ata atopar unha camada acuífera, xeralmente no manto freático máis próximo á superficie.

    2. Lugar onde un río alcanza maior profundidade.

      1. Escavación, xeralmente vertical e profunda, practicada no chan cunha finalidade diferente á de localizar auga.

      2. Escavación vertical e inclinada, feita nunha mina para permitir a extracción de mineral e a pasaxe dunha galería a outra ou á superficie ademais de facilitar a ventilación.

      3. Perforación vertical cilíndrica e profunda, efectuada con perforadoras rotativas, para localizar ou explotar un xacemento petrolífero ou de gas natural.

      4. Cavidade, eventualmente escavada, onde se almacenaba a neve ou o xeo natural extraído dos glaciares.

      5. Escavación subterránea que se fai para recoller as augas residuais das casas cando non existe unha rede de sumidoiros.

      1. Corpo cargado negativamente, xeralmente de aspecto puntual, ao que chegan as liñas de campo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Litixio entre dúas partes.

    2. Procedemento contencioso entre dúas partes litigantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide secundario, de cor branca, que se extrae do látex das papaveráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte dun corpo que sobresae ou avulta.

      2. apófise.

      3. Parte intermedia que está situada entre o bulbo, os pedúnculos cerebrais e o cerebelo.

    1. Fonte de gas que se orixina na cromosfera solar e que se propaga dentro da coroa ata alcanzar alturas dalgúns milleiros de quilómetros.

    VER O DETALLE DO TERMO