potasio

potasio

lat científico potassium neerl pottaschen ‘cinza de pote’

Plural: potasios
  1. s m [QUÍM ]

    Elemento químico de número atómico 19 e peso atómico 39,0983, que pertence ao grupo I A, ou dos metais alcalinos, da táboa periódica. Forma aliaxes con numerosos metais e intervén na regulación dun gran número de procesos vitais.

  2. carbonato de potasio [QUÍM ]

    Sólido en forma de pos brancos delicuescentes, que se empregan na fabricación de vidros e cerámicas especiais, como deshidratante, aditivo alcalino para alimentos e cosméticos e na fabricación de tubos de televisión.

  3. cloruro de potasio [QUÍM ]

    Sólido cristalino incoloro de gusto fortemente salgado, que se emprega como fertilizante, en fotografía e como substituínte do cloruro sódico na dieta con fins terapéuticos.

  4. dicromato de potasio [QUÍM ]

    Sólido cristalino, vermello amarelado, que se emprega como pigmento, oxidante e reactivo analítico.

  5. hidróxido de potasio [QUÍM ]

    Sólido branco que se emprega na fabricación de xabóns e deterxentes, como elemento de branqueo e como aditivo alimentario alcalino.

  6. nitrato de potasio [QUÍM ]

    Sólido cristalino, higroscópico, de gusto salino, que se emprega na preparación de fertilizantes.

  7. permanganato de potasio [QUÍM ]

    Sólido cristalino de cor púrpura escura e gusto astrinxente, altamente oxidante, que se emprega como oxidante industrial, analítico e sintético, como desinfectante e como axente branqueador.

  8. sulfato de potasio [QUÍM ]

    Sólido cristalino que se emprega como fertilizante para os cultivos de cítricos.

Palabras veciñas

potasa potasemia potásico -ca potasio potaxe pote poteira