"Sofía" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 90.

    1. Doutrina da filosofía política que enxalza o bo rei e destaca a posición deste coma un pai benfeitor que trata os seus súbditos con amor.

    2. Práctica desenvolvida no mundo helenístico e romano que consistía na doazón por parte de particulares de bens á colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado de quen sente gran satisfacción ou contento coas circunstancias da súa vida.

      2. Fin último e ben supremo do home segundo a filosofía clásica. Segundo o eudemonismo, teoría representada por Aristóteles, acádase mediante a razón; segundo o estoicismo, representado por Zenón ou Séneca, mediante o dominio da dor e das paixóns; e segundo o hedonismo, pensamento defendido por Epicuro de Samos, mediante o pracer. Na filosofía moderna, o utilitarismo considera que os homes teñen sentimentos sociais e que se son satisfeitos son unha fonte de pracer.

    1. Cousa, situación ou acontecemento que causa gran satisfacción e contento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica que estuda os fenómenos e que mantén que o obxecto da filosofía é a captación intelectual das esencias das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á filosofía.

    2. Pedra que, segundo os alquimistas, tiña a propiedade de transformar os metais en ouro ou en prata e de alongar a vida, xa que nela estaban concentrados todos os poderes do espírito cósmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Razonar ou meditar sobre os problemas e cuestións da filosofía.

    2. Facer reflexións ou un soliloquio sobre un tema transcendental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tese filosófica.

    2. Razonamento científico ou estudo filosófico na filosofía de Aristóteles.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia universal que reflexiona dun xeito racional e crítico sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, e que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas.

      2. Disciplina filosófica que trata de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico.

      3. Disciplina filosófica que trata de establecer a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.

      4. Disciplina filosófica que trata de aclarar as relacións entre o pensamento e a fala, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.

      5. Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais.

    1. Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia e que se dividen en dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental.

    2. Forma de pensar ou de entender alguén o mundo e a vida.

    3. Tranquilidade ou serenidade do ánimo ante as vicisitudes da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á filosofía.

    2. Reflexión crítica e sistematizada sobre os fundamentos, os límites e as orientacións dunha ciencia, disciplina ou dun ámbito do saber particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falsa filosofía.

    2. Abuso ou uso superficial que se fai dos principios ou dos termos propios da filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica á filosofía, que procura a verdade desde un punto de vista racional.

    2. Persoa que sabe soportar ou afronta con serenidade as dificultades da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO