"Salta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 90.

    1. Estrutura das anxiospermas que porta os órganos da reprodución sexual e que está composta por catro verticilos: sépalos, pétalos, estames e carpelos.

    2. Substancia que se forma na superficie dalgúns líquidos debido a un proceso de fermentación.

      1. Parte mellor ou máis apreciada de algo.

      2. Momento esplendoroso ou de excelsitude de algo ou alguén.

    3. Parte exterior e máis apreciada das peles curtidas que admiten pulimento.

    4. Expresión aduladora ou palabras afectuosas que se empregan para resaltar as calidades físicas ou morais de alguén.

    5. Produto de repostaría propio do Entroido que se elabora con ovo, leite ou auga, fariña, sal e azucre.

    6. Figura heráldica que representa a flor de lirio formada por un pétalo central erguido e dous curvos cara a fóra.

    7. Flor de ouro coa que se premia, nos xogos florais, a mellor composición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice dos insectos en forma de garfo que lles serve para saltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ungulado artiodáctilo da familia dos cérvidos. Ten pelaxe parda con pintas e ventre branco. Cornamenta en forma de pa con lobulacións nos machos, que renova anualmente, presenta un escudo anal branco característico, con bordos negros no que resalta a cola tamén negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Animal en que se engloban varias especies de mamíferos da familia dos félidos, da orde dos carnívoros. Presenta cabeza arredondada co fociño curto e orellas redondeadas, ollos grandes con visión binocular, e pelame.

      2. Gato de coloración diversa e cola máis estreita e puntiaguda.

      3. Animal de pelame gris ou pardo, con franxas transversais escuras e cunha liña negra ao longo do dorso, cola grosa e anelada co extremo negro.

      4. Gato caseño que é bo cazador de ratos.

      5. Gato co rabo curto e de pelaxe de cor crema con bandas escuras transversais.

    1. Xénero de peixes, da familia dos esciliorínidos, coa cabeza aplanada e o corpo delgado, de cor gris rosada con manchas circulares escuras.

    2. Aparato mecánico ou hidráulico, que se emprega para elevar cargas pesadas.

    3. Ferramenta que consiste nunha barra con dous saíntes, un deles móbil que se aproxima ao outro para apertar e suxeitar entre os dous algunha peza.

    4. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, que presenta a pelame con manchas ovais e raias lonxitudinais negras. É de costumes nocturnos, moi bo gabeador, e extremadamente áxil nas árbores, onde pasa a maior parte do tempo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia de alto peso molecular que ten a propiedade de inflarse en contacto coa auga e de formar masas xelatinosas ou solucións coloidais viscosas. Emprégase como produto de base para ungüentos, cremas e dentífricos e como aditivo alimentario texturizado (espesante e estabilizante).

      2. Substancia resinosa de cor vermella, procedente dalgunhas árbores da India. En disolución co alcohol emprégase como verniz de mobles e da madeira en xeral.

      3. gomarresina.

    1. caucho.

      1. Obxecto fabricado con caucho ou calquera outro material elástico.

      2. Substancia feita a base de caucho que se emprega para borrar. OBS: Tamén se denomina  goma de borrar.

      3. Funda fina e elástica q cubre o pene durante o coito para evitar a fecundación e a transmisión de determinadad enfermidades.

      4. Lambetada formada por unha base mastigatoria plástica que está constituída por gomas e resinas, naturais ou sintéticas, bálsamos, graxas ou ceras,  e azucres, aromatizantes, colorantes e outros ingredientes.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos grílidos.

    2. Insecto da familia dos grílidos.

    3. Familia de insectos ortópteros de antenas longas, os machos con aparato estridulador nos élitros e as femias cun longo oviscapto cilíndrico. Son saltadores, con tarsos de dous ou tres artellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Modo de actuar ou de comportarse que se adquire pola frecuente repetición dun acto.

      2. Facilidade con que se fai algo debido á práctica e á repetición.

      3. Disposición relativamente estable que tende a reproducir os mesmos actos e que se alcanza pola experiencia.

    1. estimenta que denota unha profesión ou grao, especialmente as que usan algúns relixiosos.

    2. Roupa que leva unha persoa por devoción ou por un ofrecemento.

    3. Tendencia dos minerais a presentarse baixo unha determinada forma xeométrica como resultado da súa estrutura interna.

    4. Disposición orgánica como consecuencia dunha acción repetida.

    5. Aspecto externo do enfermo a efectos de diagnóstico.

    6. Aspecto xeral dunha planta que se percibe na distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acceso á información textual ou multimedia de xeito non secuencial. A información relaciónase mediante nós conceptuais e pódese acceder a ela  saltando polos conceptos a xeito dunha asociación de ideas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina desenvolvida en EE UU (1890-1929) que se caracterizou por resaltar o papel asignado ás institucións á hora de explicar os fenómenos económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. laurear.

    2. Que foi condecorado ou galardoado cun premio polos seus méritos.

      1. Que leva unha coroa de loureiro.

      2. Cruz formada por catro espadas coas puntas cara a fóra resaltadas sobre unha coroa de loureiro.

    VER O DETALLE DO TERMO