"Reda" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 152.

    1. Relativo ou pertencente aos cléridos.

    2. Insecto da familia dos cléridos.

    3. Familia de coleópteros depredadores de escarabellos con deseños polícromos e metalizados, corpo peludo e antenas dentadas e engrosadas no extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore monoica, da orde das arecais, cun estípite gris e case liso, acabado nun penacho dunha trintena de follas ou palmas pinnatipartidas cuxo cultivo se dá en zonas de clima cálido e húmido, non moi arredadas do mar.

    2. Froito da árbore do mesmo nome. É unha drupa cunha parte líquida, (auga ou leite de coco) e unha parte sólida do endosperma que se emprega en alimentación.

    3. Fantasma co que se intenta asustar os nenos pequenos.

    4. Intelixencia que demostra unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cánido de pelaxe parda cinsenta, coas orellas máis amarelentas, a gorxa e o ventre de cor branca e con manchas negras nas patas dianteiras. É un depredador oportunista que caza en grupo a grandes mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das brasicáceas, que presenta talo non ramificado con follas grandes, de grande interese culinario, que se apíñan e enredan formando unha cabeza, e no seu centro queda a xerma terminal e as follas máis novas.

    2. ariedade cultivada de col que se caracteriza por ter o talo dereito e presentar moitos gromos axilares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos colídidos.

    2. Insecto da familia dos colídidos.

    3. Familia de coleópteros depredadores de escaravellos que presentan o corpo alongado e cores apagadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de colorar ou colorear.

    2. Cor que se lle aplica a algo ou cor que adquire unha cousa.

    3. Procedemento para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada sometida a exame. Baséase na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante.

    4. Parte do colorido que se compón de tres cores relacionadas e dirixidas por unhas normas estéticas que regulan a súa cantidade.

    5. Termo que na notación antiga designaba o emprego da cor para encher as notas (vermella ou negra) e indicar diferentes valores de duración ou cambios de ritmo.

      1. Coloración da superficie externa dun ser vivo para lles mostrar aos posibles depredadores que pode ser perigoso.

      2. Coloración da superficie externa dun ser vivo para que a súa presenza pase inadvertida ante posibles depredadores ou posibles presas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acordo de vontades dirixido á regulación dunha determinada situación xurídica que se constitúe como un negocio xurídico de natureza patrimonial.

      2. Conxunto normativo ao que as partes contratantes suxeitan a súa conduta para alcanzar os obxectivos ou resultados que se propugnaron ao facer o contrato.

      3. Contrato en que unha das partes, ou ambas as dúas de xeito recíproco, se obrigan a dar algunha cousa en equivalencia do que a outra vai facer en caso dun acontecemento incerto ou cando ocorra nun tempo indeterminado.

      4. Contrato que se perfecciona polo mero consentimento e sen ningún requisito de forma especial.

      5. Contrato en que o seu contido é prerredactado por unha das partes para unha pluralidade de contratos.

      6. Negocio xurídico bilateral que ten por finalidade a creación dunha relación xurídica laboral.

      7. Contrato en que se concerta a realización dalgún dos actos de comercio ou das formas do contrato de empresa.

    1. Documento en que se recolle o acordo contractual.

    2. Relación establecida entre dous suxeitos e os termos en que se produce o seu acordo, segundo Algirdas Julien Greimas.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filete de tenreira dobre que empareda unha rebanda de queixo gruyère e outra de xamón cocido, e que se empana e frite en manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño, con dúas aberturas nasais a cada lado da cabeza, unha única aleta dorsal que presenta espiñas endurecidas, dous raios espiñentos na aleta anal e unha liña lateral prolongada ata a extremidade da caudal. É un animal depredador que vive nas costas en pequenos grupos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Censura contra algo ou alguén.

      1. aloración sobre unha obra artística ou literaria.

      2. Profesión dos que escriben críticas.

      3. Estudo das fontes documentais que se efectúa sobre personaxes ou feitos históricos para establecer o seu grao de autenticidade.

      4. Disciplina filolóxica que tenta restituír a versión dunha obra máis próxima ao orixinal do autor, a partir da análise dos testemuños que a difundiron.

    2. Disciplina que tenta discernir a natureza, as condicións de posibilidade, os límites e os presupostos de coñecemento humano.

    VER O DETALLE DO TERMO