crítica

crítica

lat critĭca gr κριτικ ή ‘xuízo’

Plural: críticas
  1. s f

    Censura contra algo ou alguén.

    1. s

      aloración sobre unha obra artística ou literaria.

    2. s

      Profesión dos que escriben críticas.

    3. crítica histórica [HIST ]

      Estudo das fontes documentais que se efectúa sobre personaxes ou feitos históricos para establecer o seu grao de autenticidade.

    4. crítica textual [LIT ]

      Disciplina filolóxica que tenta restituír a versión dunha obra máis próxima ao orixinal do autor, a partir da análise dos testemuños que a difundiron.

  2. s f [FILOS ]

    Disciplina que tenta discernir a natureza, as condicións de posibilidade, os límites e os presupostos de coñecemento humano.

Citas

  • A crítica especializada non valorou suficientemente o seu traballo
  • Fíxolle unha crítica demoledora á posta en escena da súa última representación teatral, Gústalle moito a critica á hora do café
  • Ten compañeiros que exercen a crítica teatral
  • Unha boa crítica pode salvar un espectáculo

Refráns

  • A auga de correr e á xente de falar non se lle pode privar.
  • A roupa moi lixosa lávase na casa.
  • As faltas alleas, na alforxa dianteira; e as faltas nosas, na traseira alforxa.
  • Cala e calemos, que, que n ten o tellado de vidro, ben o sabemos.
  • Canto máis se revolve a merda, máis mal cheira.
  • Di a pega e todos din dela.
  • Dixo a tixola á caldeira: ¡Arrédate alá, tisneira!
  • Díxolle a tixola ao pote: ¡Tírate alá non me lixes!
  • Díxolle o burro ao mulo: ¡Tírate alá, orelludo!
  • Fai tanta falta o fel coma o mel.
  • Fel e mel son mester.
  • Hainos, hainos, hainos, hainos, hainos, que non houbera; hainos de media polaina e hainos de polaina e media.
  • Hainos, hainos, hainos, hainos, hainos, que non houbera; hainos de media polaina, e hainos de polaina enteira.
  • Irse á pedra e non a que n a tira, ten pouca valentía.
  • Ládreme que n queira, mentres eu teña cartos na faldriqueira.
  • Mellor é botar coplas que botar mans ás mocas.
  • Non hai mal sen baldón nin baldón sen galardón.
  • O corcovado non ve a corcova que leva senón a allea.
  • O eslombado non ve a lomba que leva, pero ve a alIea.
  • O que allos come, pícase.
  • O que di mal da egua, ese é quen a merca.
  • O que non comeu allos, non cheira a eles.
  • Por moito que me ladren, inda han ter máis que ladrar.
  • Pouco fel fai amargo moito mel.
  • Quen fala mal da pera, ese a merca.
  • Quen mal di, mal ha de oír.
  • Se metes a man no teu seo, non dirás do malfado alleo.
  • Todos me saben o viño que bebo e non me saben a sede que teño.
  • Ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no propio.
  • Ves no ollo do veciño a palla e non ves no teu a • tranca.
  • ¡Malia o romeiro que fala mal do seu compañeiro!