"Rante" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1246.

  • Aparato que mide os cambios de volume do tórax durante a respiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intercambiador de calor empregado industrialmente  que utiliza o aire como elemento refrixerante de líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de afluír.

    2. Movemento de líquidos que se produce no interior do organismo animal cara a un lugar determinado deste.

    3. Xeración de liquidez nunha empresa durante un período determinado. Expresa o efectivo despois de deducir os beneficios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao rei Afonso e ao seu reinado.

    2. Partidario de Afonso XII e do afonsismo.

    3. Relativo ou pertencente ao período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.

    4. Moeda que circulou en Portugal e nos territorios das Coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.

    5. Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yehudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid e que foron confeccionadas en 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X o Sabio. Calculáronse a partir do meridiano e  paralelo de Toledo e están baseadas na teoría de Ptolomeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao africanismo.

    2. Que se dedica aos estudos antropolóxicos, arqueolóxicos, etnográficos ou doutra índole relativos a África. Tm s.

    3. Que defende os intereses africanos ou é partidario deles. Tm s.

    4. Militares españois, principalmente oficiais, que prestaron servizo en África durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar frouxa unha cousa tirante, facendo que esta perda a fortaleza, o vigor ou a intensidade.

    2. olver frouxo algo que estaba tirante.

    3. Facer que se perda a forza, o vigor ou a intensidade.

    4. Orde que dá o patrón do barco cando é necesario reducir a velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enganchar unha peza que ten unha parte saínte noutra que presenta un entrante do mesmo tamaño e forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que agarra.

    2. Persoa ou persoas que, na matanza do porco, collen con forza o animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soster, sen ceder, o peso de algo ou alguén.

    2. Soportar algo que pode ser agobiante ou frustrante.

    3. Ter conta de algo para que non caia.

    4. Manterse de pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO