"RNE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 703.

    1. Bóvido das subfamilias dos antilopinos, bovinos e caprinos, e algún artiodáctilo non bóvido, como o caso do antílope americano, que presenta as patas longas e delgadas, acabadas en dedos finos protexidos por pezuños. Teñen cornos persistentes, de tipo cavicórneo. Viven en rexións desérticas, estepas e sabanas, con frecuencia en grupos de varios individuos.

    2. Antílope con cornos longos e separados. Ten unha mancha branca en forma de media lúa en cada coxa.

    3. Antílope de gran tamaño, cunha xiba dorsal, un gran papo e o rabo longo.

    4. Mamífero ruminante, única especie da familia dos antilocápridos.

    5. Antílope de distintos xéneros, propio de África, que se caracteriza pola súa pequena dimensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hábito de comer carne humana, especialmente cando se leva a cabo por parte doutros humanos.

    2. Calidade de antropófago.

    3. Subcorrente literaria do modernismo portugués que foi iniciada en 1928 por Oswald de Andrade (1890-1953) na Revista de Antropofagia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór os arreos ou aparellos aos cabalos.

    2. Gornecer a embarcación cos aparellos necesarios para as faenas de pesca ou para emprender a navegación.

    3. Preparar os elementos necesarios para certo fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspecto exterior.

    2. Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adquirir o coñecemento de algo.

    2. Comunicar o coñecemento de algo a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva.

      2. Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

      3. Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

      2. Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

      4. Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero asiático, da antiga subfamilia dos ovinos, de máis dun metro de altura, parecido a un carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra deseñada para derribar tramos de muralla dunha fortificación, composta por unha trabe reforzada no seu extremo por unha peza de bronce ou de ferro en forma de cabeza de carneiro.

    2. Antigo tipo de barco de guerra blindado, de proa sen lanzamento e de roda prominente e reforzada, que arremetía contra as embarcacións inimigas para afundilas.

    3. Aparato de elevación de auga ou doutros líquidos, que permite facer subir un determinado caudal a unha determinada altura.

    VER O DETALLE DO TERMO