"Nifo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 186.

    1. Relativo ou pertencente aos ciprínidos.

    2. Peixe da familia dos ciprínidos.

    3. Familia de peixes de auga doce da orde dos cipriniformes cunha única aleta dorsal, boca pequena e protráctil, con labios grosos e, nalgunhas especies, con barbelas. Pertencen a esta familia os barbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cipriniformes.

    2. Peixe da orde dos cipriniformes.

    3. Orde de peixes que abrangue as familias dos ciprínidos e dos cobítidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cneoráceas.

    2. Arbusto da familia das cneoráceas.

    3. Familia de arbustos perennifolios da orde das sapindais que está integrada por só tres representantes de follas alternas e coriáceas, flores solitarias e axilares ou en cimas e froito en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero, da familia dos lepóridos, de ollos grandes, redondos e negros, orellas longas de coloración uniforme, cola curta e patas traseiras máis grandes adecuadas para desprazarse con saltos e cunha pelaxe curta, gris e acastañada. Aliméntanse de plantas herbáceas, e durante a dixestión dos alimentos ten lugar a cecotrofia.

    2. Lagomorfo, da familia dos lepóridos, de pelame amarelo cinsento, cunha mancha rubia na parte superior do pescozo.

    3. cobaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Toucado feminino que semella unha rede en forma de saco, feita con seda fina ou liño para cubrir a cabeza ou para recoller os cabelos. Forma parte do traxe tradicional de gala feminino.

      2. Peza de tea, normalmente de cor branca, que forma parte de uniformes ou hábitos relixiosos e que recolle o pelo.

    1. Cobertura foliosa que cobre a cápsula dos mofos.

    2. Especie de rede de graxa moi fina que envolve as tripas e as suxeita á parede do abdome.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que condensa.

      2. Relativo ou pertencente á condensación.

    1. Dispositivo formado por dúas armaduras separadas por un dieléctrico, que se caracteriza por posuír unha capacidade determinada.

    2. Sistema óptico converxente que concentra sobre o obxecto os raios luminosos que proceden da fonte luminosa co fin de iluminalo uniforme e suficientemente.

    3. Aparato que se utiliza para condensar un vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de cono.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar certas cousas.

      2. Corda que levan cinguida á cintura os frades dalgunhas ordes relixiosas.

      3. Corda de ouro ou prata a xeito de banda que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.

    1. Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.

    2. Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha funda tamén flexible.

    3. Moldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.

    4. Conxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.

    5. Acumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa.

    6. Cada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de corno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perennifolia, da familia das mirtáceas, que presenta aspecto piramidal, follas lanceoladas e lustrosas con glándulas aromáticas, e flores abundantes, pequenas e olorosas, que se recollen antes de que abran e se deixan secar de xeito que adoptan o aspecto de cravos.

    VER O DETALLE DO TERMO