"Isla" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 124.

    1. Banco con respaldo e capacidade para varias persoas.

      1. Asento que ocupan os deputados e senadores nas cámaras lexislativas.

      2. Posto de parlamentario.

    2. Féretro común, en forma de caixa longa, que leva incorporadas dúas varas na parte dianteira e dúas na traseira para poder transportar a ombreiros, cara ao cemiterio, os defuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de ser, de estar ou de atoparse nun momento dado, alguén ou algo.

      1. Maneira de ser, de presentarse ou de existir un sistema material. O estado dun sistema defínese por un número determinado de magnitudes físicas expresables cuantitativamente, chamadas variables ou funcións de estado.

      2. Expresión analítica implícita que relaciona as propiedades físicas, a presión, o volume específico e o tempo.

      3. Estado dun sistema material segundo o grao de cohesión das moléculas que o forman. Segundo o estado de agregación, un sistema material pódese presentar en forma sólida, líquida e gasosa.

      1. Período dunha enfermidade no que os síntomas permanecen aproximadamente iguais.

      2. Estado caracterizado pola perda transitoria da consciencia e o mantemento da capacidade para efectuar involuntariamente accións que logo non se lembran.

      1. Entidade estable e permanente de carácter soberano, asentada sobre un territorio delimitado, habitada por unha determinada poboación e dotada dun poder político e xurídico institucionalizado. De acordo coa súa estrutura o estado unitario concentra nun único goberno central todas as competencias, que afectan por igual a todo o territorio; o federal recoñece o gozo de competencias de modo exclusivo a certas entidades dentro do propio Estado que dispoñen de atribucións lexislativas, executivas e xudiciais propias. Pola forma de goberno, distínguense a monarquía e a república e os réximes parlamentarios e presidencialistas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo social homoxéneo en función da súa profesión, clase social ou estilo de vida.

      1. Grupo social do Antigo Réxime, cunha mesma situación xurídica, que os facía partícipes ou non dunha serie de privilexios, os privilexiados eran o nobiliario e o eclesiástico, e o non privilexiado, o pobo.

      2. Nome que recibían cada un dos estados que concorrían ás Cortes nas Coroas de Castela e Aragón.

      3. Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834, que estaba constituído polos membros da alta nobreza e as persoas designadas polo monarca.

      4. Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Os seus membros escollíanse por sufraxio censatario e só tiñan dereito de deliberación e petición.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obrigar a alguén a marchar dun lugar, grupo ou colectivo.

      2. Obrigar a saír do territorio dun país a un estranxeiro que incumpre a lexislación administrativa ou se considera socialmente perigoso.

    1. Facer saír unha cousa dun lugar.

    2. Facer saír unha persoa ou cousa algo que está no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guerra santa dos musulmáns, que se emprende co obxectivo de expansión do Islam. Cando se decreta, participar nela constitúe unha obriga para todos os crentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de húmido.

      1. Contido en auga dos alimentos, especialmente o fixado pola lexislación.

      2. Humidade relativa en que un alimento (ou outro produto) non gaña nin perde humidade.

      1. Cantidade de vapor de auga que existe na atmosfera e que se mide en gramos de vapor de auga por metro cúbico de aire. OBS: Tamén se denomina humidade absoluta.

      2. Cociente entre a masa de vapor de auga e a masa de aire húmido.

      3. Proporción entre a cantidade de vapor de auga que contén o aire e o máximo que podería conter para acadar a saturación, que se mide en tanto por cen.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tempo transcorrido desde que un ser nace.

      2. Cada un dos períodos en que se considera dividida a vida do home.

      3. Idade en que se entra na vellez. Normalmente considérase a partir dos 65 anos ou da idade de xubilación.

      1. Período de existencia da persoa desde o momento do nacemento ata o momento que se toma en consideración. Legalmente, a idade determina a capacidade xurídica e de obrar da persoa, e en España a maioría de idade acádase aos 18 anos.

      2. División da poboación en grupos segundo a idade. A estrutura por idades é causa e efecto da evolución xeral da poboación e un dato fundamental para a planificación económica e social. A clasificación máis elemental é a denominada grupos de idade.

      3. Idade en que os individuos están legalmente sometidos ás obrigacións escolares.

      4. Persoa que, ben por aplicación de oficio da lexislación xeral, ben por disposición expresa da autoridade competente en caso de non reunir as condicións requiridas pola lei, ten plena capacidade xurídica para obrar.

      5. Persoa que, por non acadar a idade mínima esixida pola lexislación, debe permanecer baixo a tutela dun maior.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inmune.

      1. Exención de obrigas, penas ou cargas a favor dunha persoa ou dun lugar.

      2. Condición xurídica especial da que gozan os representantes diplomáticos e que inclúe a inviolabilidade da súa persoa, os locais, os arquivos, a correspondencia e tamén a inmunidade de xurisdición.

      3. Privilexio outorgado á Igrexa en virtude do que os templos quedan exentos da xurisdición civil e poden conceder asilo relixioso, os bens da Igrexa gozan de exención fiscal, as persoas eclesiásticas non poden ser sometidas a xuízo sen a autorización do bispo e fican exentas da prestación de determinadas obrigas ou servizos.

      4. Prerrogativa da que gozan os membros dunha cámara lexislativa segundo a que non poden ser detidos, agás en caso de flagrante delito, e nin tan sequera inculpados ou procesados nunha causa sen unha autorización previa da cámara da que forman parte.

      1. Proceso polo que un organismo se fai resistente a unha enfermidade, especialmente infecciosa, grazas á formación de anticorpos específicos.

      2. Conxunto de procesos inmunitarios que son realizados en ausencia de anticorpos e son posibles grazas aos linfocitos T.

      3. Conxunto de procesos inmunitarios que se relacionan coa presenza de anticorpos producidos fundamentalmente polos linfocitos B.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se realiza entre os órganos parlamentarios ou lexislativos de varios países ou que os relaciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inviolable.

      1. Dereito fundamental dos cidadáns, en virtude do que se prohíbe a entrada e o rexistro do domicilio sen o consentimento do seu titular ou de resolución xudicial, agás en caso de delito flagrante.

      2. Protección penal especial da que gozan os membros dunha cámara lexislativa, pola que teñen unha total irresponsabilidade xurídica polos actos e as opinións realizadas no exercicio do seu cargo.

      3. Especial protección penal da que gozan as persoas que ocupan determinados cargos públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO