inmunidade
lat immunĭtāte
-
s
f
Calidade de inmune.
-
-
s
Exención de obrigas, penas ou cargas a favor dunha persoa ou dun lugar.
-
inmunidade diplomática
Condición xurídica especial da que gozan os representantes diplomáticos e que inclúe a inviolabilidade da súa persoa, os locais, os arquivos, a correspondencia e tamén a inmunidade de xurisdición.
-
inmunidade eclesiástica
Privilexio outorgado á Igrexa en virtude do que os templos quedan exentos da xurisdición civil e poden conceder asilo relixioso, os bens da Igrexa gozan de exención fiscal, as persoas eclesiásticas non poden ser sometidas a xuízo sen a autorización do bispo e fican exentas da prestación de determinadas obrigas ou servizos.
-
inmunidade parlamentaria
Prerrogativa da que gozan os membros dunha cámara lexislativa segundo a que non poden ser detidos, agás en caso de flagrante delito, e nin tan sequera inculpados ou procesados nunha causa sen unha autorización previa da cámara da que forman parte.
-
s
-
-
s
Proceso polo que un organismo se fai resistente a unha enfermidade, especialmente infecciosa, grazas á formación de anticorpos específicos.
-
inmunidade celular
Conxunto de procesos inmunitarios que son realizados en ausencia de anticorpos e son posibles grazas aos linfocitos T.
-
inmunidade humoral
Conxunto de procesos inmunitarios que se relacionan coa presenza de anticorpos producidos fundamentalmente polos linfocitos B.
-
s