"Exipto" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 55.

  • Rama de estudos sobre temas de lingua, historia ou arte dos pobos orientais. Comprende os pobos da costa setentrional de África, Exipto, Etiopia, Turquía e todos os pobos asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Macho que tivo un ou máis fillos.

    2. Persoa que exerce as funcións paternas con outras persoas.

    3. Persoa que crea ou promove unha obra, actividade ou outra cousa.

    4. Pai e nai como conxunto de proxenitores.

      1. Deus, en tanto que creador. No cristianismo é a primeira persoa da Trindade, denominada Deus Pai e Pai Eterno.

      2. Título anteposto ao nome dos sacerdotes dunha orde relixiosa ou cualificativo da orde ou cargo.

      3. Cada un dos escritores de fins do s I ata a segunda metade do s II que recibiron a doutrina dalgún apóstolo.

      4. Cada un dos participantes nun concilio con voto deliberativo.

      5. Cada un dos primeiros anacoretas e cenobitas cristiáns dos desertos de Exipto e Palestina (ss IV e V).

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das ciperáceas, que presenta talos dereitos e triangulares coroados por unha umbela de follas cintiformes e que habita en augas fluviais, en Exipto e nos países próximos.

    2. Folla artificialmente composta por tiras extraídas do tronco da planta de papiro, enganchadas, que empregaban os antigos para escribir. Inicialmente escribíase todo seguido na dirección das fibras, mentres que na outra banda as fibras se mantiñan perpendiculares.

    3. Manuscrito antigo feito sobre estas follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Festa xudía que se celebra en conmemoración da liberación de Exipto, unida á festa dos ácimos, que se prolonga durante sete días.

    2. Festa en conmemoración do nacemento de Cristo, da chegada do Espírito Santo ou da adoración dos Reis Magos.

    3. Período de tempo que vai desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro.

    4. Festa cristiá, que se corresponde á pascua xudía, en que se conmemora a morte e resurrección de Cristo, cuxa data pode variar entre o 22 de marzo e o 25 de abril. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda divisionaria que equivale a unha centésima parte das libras de Exipto, Líbano, Siria e Sudán, e da lira turca dividida en cen piastras ou kurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliedro que ten por base un polígono calquera e as outras caras, que son triángulos, teñen un vértice común.

      1. Construción arquitectónica de forma piramidal que se empregou como templo, nas civilizacións precolombinas, ou como sepulcro no antigo Exipto.

      2. Pirámide que presenta, en todas as súas caras, unha sucesión decrecente de chanzos, a modo de escaleira.

    2. Representación gráfica que consiste nunha pirámide con niveis, onde na base estarían os carbohidratos procedentes dos cereais, no primeiro andar as froitas e as verduras, no segundo as carnes e os pescados e no último as graxas e os doces.

    3. Histograma dobre simétrico que representa a estrutura por idades e sexos dunha poboación. O eixe de ordenadas recolle as idades; o eixe de abscisas é dobre: o da dereita recolle o conxunto de mulleres de cada idade e o da esquerda o de homes.

    4. Diagrama piramidal en que se representa a biomasa, os niveis de enerxía do ecosistema e como están relacionados estes niveis, e se manteñen grazas á enerxía do nivel inferior e cuxa produción é maior ca o seu nivel superior e menor ca o seu nivel inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desgraza que afecta a unha comunidade ou a un pobo.

      1. Cantidade elevada dalgunha cousa que resulta moi prexudicial para os seres vivos.

      2. Proliferación dun organismo vivente que provoca a destrución doutros seres vivos ao invadilos.

    2. Persoa ou cousa que resulta molesta.

    3. Castigo divino con que Moisés obrigou o faraón a deixar saír de Exipto o pobo de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuízo mítico da alma despois da morte no Antigo Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento renovador do Islam xurdido en Exipto a finais do s XIX, que preconizou a revalorización do Alcorán fronte á rixidez das catro escolas ortodoxas do Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario, do antigo Exipto, subterráneo e escavado na rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO