pirámide
lat pyrămĭde gr πιραμίς, −ίδος
-
s
f
[MAT ]
Poliedro que ten por base un polígono calquera e as outras caras, que son triángulos, teñen un vértice común.
-
-
s
Construción arquitectónica de forma piramidal que se empregou como templo, nas civilizacións precolombinas, ou como sepulcro no antigo Exipto.
-
pirámide de chanzos
Pirámide que presenta, en todas as súas caras, unha sucesión decrecente de chanzos, a modo de escaleira.
-
s
-
pirámide alimentaria
[ALIM ]
Representación gráfica que consiste nunha pirámide con niveis, onde na base estarían os carbohidratos procedentes dos cereais, no primeiro andar as froitas e as verduras, no segundo as carnes e os pescados e no último as graxas e os doces.
-
pirámide de idades
[DEMOG ]
Histograma dobre simétrico que representa a estrutura por idades e sexos dunha poboación. O eixe de ordenadas recolle as idades; o eixe de abscisas é dobre: o da dereita recolle o conxunto de mulleres de cada idade e o da esquerda o de homes.
-
pirámide ecolóxica
[ECOL ]
Diagrama piramidal en que se representa a biomasa, os niveis de enerxía do ecosistema e como están relacionados estes niveis, e se manteñen grazas á enerxía do nivel inferior e cuxa produción é maior ca o seu nivel superior e menor ca o seu nivel inferior.