pai

pai

lat patre

Plural: pais
  1. s m

    Macho que tivo un ou máis fillos.

  2. s m

    Persoa que exerce as funcións paternas con outras persoas.

  3. s m

    Persoa que crea ou promove unha obra, actividade ou outra cousa.

  4. s m pl

    Pai e nai como conxunto de proxenitores.

    1. s

      Deus, en tanto que creador. No cristianismo é a primeira persoa da Trindade, denominada Deus Pai e Pai Eterno.

    2. s

      Título anteposto ao nome dos sacerdotes dunha orde relixiosa ou cualificativo da orde ou cargo.

    3. pai apostólico

      Cada un dos escritores de fins do s I ata a segunda metade do s II que recibiron a doutrina dalgún apóstolo.

    4. pai conciliar

      Cada un dos participantes nun concilio con voto deliberativo.

    5. pai do deserto/do ermo

      Cada un dos primeiros anacoretas e cenobitas cristiáns dos desertos de Exipto e Palestina (ss IV e V).

    6. pai da Igrexa

      Cada un dos escritores da Igrexa que se distinguen pola ortodoxia da súa doutrina, pola santidade de vida, pola aprobación da Igrexa e pola antigüidade.

  5. pai da patria [HIST ]

    Título dado ao emperador Augusto polo pobo e polo Senado e adoptado polos seus sucesores.

  6. pai de familia

    Persoa maior de idade ou menor emancipada, que actúa como o cabeza de familia, sobre o que recaen a maioría das decisións.

  7. pai de todos

    O dedo maior de todos os da man. OBS: Tamén se denonina dedo corazón.

Refráns

  • De pai a pai pouco vai.
  • Ergueuse meu paí e deitouse miña naL
  • Non hai fillo coma seu pai nin pai coma seu avó.
  • ¿Que diaño fixeches e de onde saíches que á túa nai non viches e pai non tiveches?