"EAM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 574.

    1. Relativo ou pertencente aos anaptomórfidos.

    2. Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

    3. Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes e con dentición en parte de tipo insectívoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de anchear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis ancha unha cousa.

    2. Estar máis ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten órganos sexuais masculinos e femininos.

      2. De aparencia sexual de díficil determinación.

      1. monoico.

      2. Aplícase ás inflorescencias que conteñen flores masculinas e femininas, ou ás hifas de fungo que presenta anteridios e oogonios simultaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de anticipar ou anticiparse.

    2. Imaxe ou pensamento do xeral que se dá espontaneamente coa percepción do particular e serve para detallar despois o seu coñecemento.

    3. Nota que soa antes do acorde ao que pertence.

    4. Fenómeno psíquico en virtude do cal o suxeito vive o futuro.

    5. Delito consistente no exercicio dun cargo ou función pública sen ter dado fianza, sen ter feito o xuramento ou promesa establecido legalmente ou en admitir a quen non cumpriu as formalidades indicadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepción predominante na lingüística norteamericana de comezos do s XX. Creada por L. Bloomfield, interésase só polos feitos lingüísticos que poden ser medidos de maneira obxectiva e deixa fóra o significado léxico, por considerar que é imposible de rexistrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos antíxenos.

      2. Que produce antíxenos.

    1. Pequena rexión da molécula do antíxeno que permite o desencadeamento da resposta inmune.

    2. Modificación dos compoñentes da membrana celular provocada polos anticorpos dirixidos contra eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aparear ou aparearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir un macho e unha femia para que copulen.

    2. Xuntarse dous animais de distinto sexo para reproducirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén baixe dun animal ou vehículo.

    2. Descender dun animal ou vehículo. Tm v pron.

    3. Disuadir a alguén da súa opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO