"Anat" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 197.

    1. Forma prefixada de orixe grega empregada en anatomía para indicar conexión ou relación cos atlas, vértebras dos tetrápodos.

    2. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras relativas ao Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bahmanitas.

    2. Membro da dinastía bahmanita.

    3. Dinastía musulmá fundada por ‘Alā’ al-Dīn Hasan Bahman Sāh que gobernou o sultanato do Decán entre 1347 e 1526.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gobernador con atribucións civís e militares dos territorios en que foi dividido o Reino de Croacia.

    2. Gobernador dun distrito fronteirizo, o banato, entre os húngaros e os eslavos da zona meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título e oficio do ban.

    2. Territorio gobernado por un ban.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de tea que vai desde o ombreiro ata o costado oposto e que atravesa o peito como insignia dalgún cargo ou honra.

    2. Calquera fita ou tira feita de diversos materiais que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha.

    3. Bordo elástico que rodea a táboa do billar.

    4. Aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.

    5. Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea.

    6. Formación anatómica estreita e alongada.

    7. Moldura arquitectónica longa e estreita.

    8. Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.

    9. Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.

    10. Cada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de características constitutivas da anatomía, a bioloxía ou a psicoloxía de cada individuo.

    2. Conxunto de individuos con características xenéticas idénticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco de material flexible con abertura única por arriba que serve para gardar ou levar obxectos.

    2. Inflamación na pel provocada por rozaduras ou queimaduras, que fai que esta se separe da carne e se encha de líquido.

    3. Calquera receptáculo do organismo que contén certo humor.

    4. Cavidade ou estrutura anatómica que ten forma de saco.

    5. Axuda económica que se outorga para facilitar a formación dunha persoa.

    6. Saco anatómico que durante a xestación envolve o feto e facilita a súa expulsión no parto.

    7. Porción de aire atmosférico, menos denso ca o circundante, que provoca nas aeronaves un descenso brusco se non é compensada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rizo do cabelo con forma cilíndrica.

    2. Figura de acrobacia aérea que consiste en describir un círculo vertical, mantendo o teito do aparato sempre no interior deste círculo.

    3. Formación anatómica que ten o aspecto de rizo.

      1. Circuíto ou camiño polo que nun sistema automático circula o sinal de entrada, a partir do comparador ata a saída e desde esta cara ao comparador.

      2. Conxunto de cables ou conexións que unen un teléfono coa central dunha compañía telefónica.

      3. Cinta magnética que ten os extremos unidos entre si, de xeito que constitúe unha cinta sen fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión anatómica sobresaínte, situada entre o van e as coxas, e formada polo ensanchamento dos cadrís.

      1. Asento individual con respaldo, con ou sen brazos, xeralmente con catro patas.

      2. Banqueta con tres patas utilizada como asento.

      3. Cadeira destinada aos nenos pequenos ou á xente maior imposibilitada, cun burato redondo no asento, para colocar un ouriñal.

      4. Cadeira con barras laterais para descansar os brazos.

      5. Cadeira con rodas laterais grandes, a miúdo pregable, que permite o desprazamento ás persoas incapacitadas.

      6. Cadeira que se utiliza para executar as persoas que están condenadas a pena de morte mediante unha descarga eléctrica.

      7. Asento construído enriba dunhas angarellas, que foi utilizado polos papas.

    2. Mango do trade.

    VER O DETALLE DO TERMO