"Agni" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 192.

    1. Acción e efecto de converter ou de converterse.

    2. Cambio de títulos de débeda pública por outros doutra emisión ou con diferentes condicións.

    3. Cambio do valor numérico dunha magnitude física que acontece como consecuencia de empregar unha unidade de medida diferente, que se realiza mediante os factores de conversión, que son a expresión do valor numérico dunha unidade en termos da outra.

    4. Acción de converter unha proposición na súa inversa, na que o predicado é o suxeito da primeira e viceversa.

      1. Evolución que segue unha escuadra formada en liña de fronte cando quere cambiar de rumbo por movemento simultáneo, de xeito que os navíos describen arcos concéntricos ao redor dun buque que fai de eixe de xiro.

      2. Acción de cambiar unha tropa de fronte xirando ao redor dun eixe fixo ou móbil.

    5. Mecanismo de formación de síntomas neuróticos que funciona especialmente na histeria de conversión.

    6. Adquisición de novas propiedades por parte dunha bacteria, asociada á infección por un fago lisoxénico.

    7. Alteración nunha das dúas cadeas dun fragmento de ADN bicatenario, que fai que as dúas sexan complementarias nunha rexión onde antes había un erro de emparellamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. conxugar.

    2. Aplícase a dúas magnitudes enlazadas mediante algunha lei ou relación determinada.

    3. Aplícase ao punto imaxe dun sistema óptico, respecto ao correspondente punto obxecto, e viceversa.

    4. Aplícase á antipartícula con respecto á súa correspondente partícula, e viceversa.

    5. Aplícase a cada un dos dous ou máis enlaces dobres dunha cadea, separados entre eles por un só enlace simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das magnitudes que determinan a posición dun elemento espacial.

      2. Nun certo dominio X, conxunto de funcións nas que un punto está determinado polos seus valores, de maneira que cada punto se define por un conxunto de números, que son as coordenadas do punto.

    1. Parámetros que determinan a posición dun astro na esfera celeste.

    2. Coordenadas, xeralmente non cartesianas, que, en número igual ao de graos de liberdade dun sistema mecánico, se escollen para simplificar a forma das súas ecuacións dinámicas.

    3. Parámetros que determinan a posición dun punto na superficie terrestre, segundo a lonxitude e a latitude. As liñas de referencia son dous círculos máximos: o Ecuador e un meridiano inicial, adoptado por convenio, que xeralmente é o que pasa polo observatorio de Greenwich, en Londres. Deste xeito, a lonxitude dun punto P da superficie terrestre, é a distancia angular (medida de 0° a 180°) dun arco paralelo ao Ecuador trazado desde ese punto ata o meridiano de referencia e defínese a latitude como o ángulo entre a vertical á elipsoide terrestre trazada polo punto e o plano do Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á auga ou a calquera outro fluído que corre ou que está en movemento.

    2. Aplícase ao ano, mes, semana ou día en curso.

      1. Que non destaca por ningún trazo ou calidade especial.

      2. Que se sucede de forma habitual ou de forma reiterada.

      1. Masa fluída que se move continuamente nunha determinada dirección.

      2. Movemento ou evolución dunha carga no transcurso dunha interacción, en física de partículas.

      3. Movemento direccional do citoplasma, no que participa o citoesqueleto.

      4. Corrente circular e converxente que se orixina nas capas profundas da Terra.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación establecida entre cousas que se corresponden.

      1. Comunicación entre persoas por escrito mediante o intercambio de cartas.

      2. Conxunto de cartas, impresos e todo tipo de documentos ou envíos que circulan por medio do correo, incluídas as comunicacións telegráficas e telefónicas.

    2. Para dous conxuntos A e B, subconxunto do produto cartesiano A ´ B onde A se chama dominio e B imaxe.

    3. Principio que establece que o valor medio dun determinado estado cuántico ten que ser reducido, no límite (cando a constante de Planck h tende a cero), ao valor clásico da magnitude correspondente. Este principio relaciona a mecánica clásica coa cuántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de crecer.

      1. Incremento da masa ou do número de células, organismos ou poboacións.

      2. Forma de crecemento dunha poboación en que o ritmo de crecemento é maior canto maior é o número de individuos.

      3. Desenvolvemento en lonxitude dunha planta.

      4. Desenvolvemento en espesura dunha planta.

      1. Aumento dunha magnitude económica durante un período determinado sen que aumenten necesariamente as variables cualitativas.

      2. Hipótese dunha taxa nula de crecemento que permitiría e garantiría a supervivencia no planeta.

      3. Incremento dos servizos e do número de bens producidos, que supón o aumento do PIB e da renda per cápita dun país.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excrecencia carnosa que teñen sobre a cabeza algunhas galináceas, xeralmente máis desenvolvida nos machos.

      1. Parte máis elevada ou saínte de certas cousas.

      2. Estrutura alongada e estreita do organismo.

      3. Arilo de pequenas dimensións formado sobre o rafe que presentan as sementes de moitas papaveráceas.

      4. Parte estreita da divisoria de augas dalgunhas montañas.

      5. Cada unha das beiras abruptas que envolven un anticlinal.

      6. Relevo dos fondos oceánicos de forma alongada.

      7. Punto máis alto dunha elevación do terreo.

    2. Denominación popular que reciben algunhas especies de herbáceas do xénero Polygonum.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cadrar unha figura.

    2. Operación que consiste en localizar un cadrado de área igual á área dunha superficie dada.

    3. Situación relativa de dous astros do sistema solar, que presentan lonxitudes astronómicas que difiren en 90°.

    4. Cada unha das dúas magnitudes periódicas de igual período que presentan unha diferenza de fase entre elas dun cuarto de período, ou sexa, π/2 radiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cuantificar.

    2. Operación que consiste en darlles valores discretos ás magnitudes físicas dun sistema descrito pola mecánica cuántica.

    3. Modo de indicar expresamente, nunha proposición lóxica, a que parte da extensión do suxeito se lle atribúe o predicado.

    4. Expresión de cantidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cuantificar.

    2. Aplícase á magnitude que varía de maneira descontinua ou discreta por cuantos.

    VER O DETALLE DO TERMO