crecemento

crecemento

crecer

Plural: crecementos
  1. s m

    Acción e efecto de crecer.

    1. s [BIOL ]

      Incremento da masa ou do número de células, organismos ou poboacións.

    2. crecemento exponencial [BIOL ]

      Forma de crecemento dunha poboación en que o ritmo de crecemento é maior canto maior é o número de individuos.

    3. crecemento primario [BOT ]

      Desenvolvemento en lonxitude dunha planta.

    4. crecemento secundario [BOT ]

      Desenvolvemento en espesura dunha planta.

    1. s

      Aumento dunha magnitude económica durante un período determinado sen que aumenten necesariamente as variables cualitativas.

    2. crecemento cero

      Hipótese dunha taxa nula de crecemento que permitiría e garantiría a supervivencia no planeta.

    3. crecemento económico

      Incremento dos servizos e do número de bens producidos, que supón o aumento do PIB e da renda per cápita dun país.

    4. crecemento sostido

      Crecemento económico que se caracteriza por un ritmo constante ao longo de diversos períodos de tempo.

    1. crecemento da poboación

      Resultado do crecemento vexetativo neto (natalidade menos mortalidade) e mais o saldo migratorio neto (inmigración menos emigración) dun territorio determinado durante un período de tempo.

    2. crecemento real

      Diferenza entre o crecemento vexetativo e o saldo migratorio dunha poboación.

    3. crecemento vexetativo

      Diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións nunha poboación durante un período de tempo. OBS: Tamén se denomina crecemento natural.

  2. factor de crecemento [BIOQ ]

    Cada unha das substancias polipeptídicas que inducen á mitose.

  3. hormona do crecemento [BIOQ ]

    Hormona de natureza peptídica segregada pola adenohipófise, que acelera directamente o crecemento dunha variedade de tecidos e induce ao fígado a sintetizar unha serie de factores de crecemento polipeptídicos, denominados somatomedinas.

Sinónimos

Citas

  • O crecemento do sector agrario foi fundamental nos últimos anos

Refráns

  • Cría corpo, que non che faltará pano.
  • O neno aos seis meses asenta; ás sete endenta; ao ano é andante e aos dous, falante.
  • O neno, mentres crece; e o enfermo, mentres adoece.
  • Pedro, por ti medro; pero espera un pouco, que menos medrarás, se eu podo.
  • Polo aninovo púxome a pita un ovo e polos reis xa tiña seis.

Palabras veciñas

crebaosos crebar crebaxeos crecemento crecente crecenza crecer