"ARE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9955.

    1. Arbusto caducifolio, da familia das betuláceas, de cortiza agrisada. As follas son arredondadas ou ovadas, acuminadas e dobremente serradas e os froitos son noces que aparecen en grupos sobre un curto pedúnculo.

    2. Planta herbácea rizomatosa, da familia das asteráceas, que presenta follas basais enteiras e glabras, capítulos florais illados con lígulas amarelas e froito en aquenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto da orde dos himenópteros con dous pares de ás, transparentes e con poucas veas, e  unha glosa moi longa especializada na succión de néctar. Aliméntanse de pole e do mel que elaboran.

    2. Abella do xénero Prosopis, de cor negra e cara amarela e de vida solitaria.

    3. Abella que se domestica para obter mel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispoñerse un enxame para saír da colmea.

    2. Influír negativamente nunha persoa para que faga algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave insectívora da familia dos merópidos, de plumaxe verde azulada por baixo e castaña e amarela por riba, peteiro longo e algo curvado cara a abaixo e ás longas e afiadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incitar a alguén.

    2. Anoxar a alguén mediante feitos ou ditos.

    3. Saír as abellas da colmea.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto himenóptero do xénero Bombus, de corpo robusto, peludo e cores escuras ou claras e raiadas.Viven en niños no chan e o seu voo é ruidoso.

      2. Abellón do xénero Psithyrus, parasito doutros abellóns.

      3. Abellón do xénero Xylocopa de corpo e ás de cor violácea intensa.

    1. Macho da abella doméstica.

    2. Ritual funerario que consistía en bailar ao redor do leito dun defunto durante o velatorio, tras o xantar ofrecido polos parentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Hypericum que presenta follas enteiras, opostas e sentadas, e flores de cor amarela, dispostas en cimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.

    2. Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan do valor medio obtido co total das observacións.

    3. Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo.

      1. Discrepancia, nun sistema óptico, entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.

      2. Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe.

      3. Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico.

      4. Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor.

    4. Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas.

    5. Fenómeno polo que a dirección aparente en que se ve un astro é diferente da dirección real.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abrir ou abrirse.

    2. Separación entre dúas cousas próximas ou entre dúas partes dunha mesma cousa.

    3. Espazo baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.

    4. Treito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.

    5. Poro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.

    6. Magnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que penetran nun instrumento óptico.

    7. Grao de diverxencia dos costados dun ángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO