"APA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3851.

    1. Adquirir e reter unha cantidade excesiva dunha mercadoría con finalidade especulativa.

    2. Apropiarse dalgunha cousa en exclusiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acceder.

    2. Dereito que ten o propietario dunha cousa de facer seu todo o que esta produza.

    3. otación obrigatoria que se leva a cabo durante o proceso de elección papal cando ningún dos candidatos obtivo as dúas terceiras partes dos votos precisos na votación ordinaria para ser elixido papa. Consiste en dar a posiblidade aos cardeais que apoiaron ao candidato menos votado para que transfiran o seu voto a un dos candidatos restantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acompaña ou depende do principal.

    2. Anexo ou complemento dunha cousa que non constitúe o corpo principal.

    3. Adorno, ornamental ou funcional, que acompaña as pezas de vestir.

      1. Dispositivo que se monta nunha máquina para modificar o seu funcionamento básico.

      2. Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar o seu funcionamento.

    4. Obxecto ou dereito que acompaña a outro principal, do que depende a súa existencia.

    5. Cada un dos pequenos elementos que completan o paramento da decoración, usados especialmente a efectos de composición.

    6. Mineral que se atopa formando parte dunha rocha en pequenas cantidades.

    7. Unidade lingüística morfoloxicamente independente, cunha significación que só aparece en combinación con outras unidades, adoitando por isto ser incapaz de presentarse soa nunha comunicación axeitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto producido pola actividade dunha cousa sobre outra.

    2. Actividade que se produce ao realizar algo.

    3. Acto de outorgar o obxecto do documento segundo o desexo do peticionario.

    4. Feito de armas, especialmente, combate entre forzas pouco numerosas.

      1. Facultade para esixir aos órganos xudiciais do estado que diten resolución sobre un conflito ou sobre unha petición mediante proceso.

      2. Acción civil ou penal incoada polo xuíz ou tribunal por ministerio da lei, a iniciativa do ministerio fiscal ou a iniciativa propia.

    5.   Cada unha das partes en que debe estar representado obrigatoriamente o capital das sociedades anónimas e das comanditarias por acción.

      1. Manifestación dunha capacidade activa, contraposta á paixón, ou dunha función ou capacidade física do home, por oposición á idea ou pensamento.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nivel de ácido que aparece nunha cousa.

    2. Indisposición de estómago provocada polos ácidos gástricos.

    3. Peixe da familia dos soleidos que presenta unha mancha negra na aleta pectoral e é semellante ao linguado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Temperar ou reforzar con aceiro.

    2. Recubrir por galvanoplastia as pranchas de cobre cunha capa finísima de ferro. Realízase con níquel ou cromo.

      1. Transformar o ferro en aceiro.

      2. Reducir a proporción de carbono no ferro fundido mesturando no gobelete ferro doce ou limaduras de aceiro.

      1. Efectuar un aceiramento.

      2. Adornar unha ferramenta con pezas de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Graxa líquida de  procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.

      2. Graxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.

      3. Aceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.

      4. Aceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.

      5. Líquido oleoso que se extrae  dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.

      1. Substancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.

      2. Solución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.

      3. Aceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acelerar ou acelerarse.

    2. Proceso que tende a facer aparecer certas estruturas no desenvolvemento embrionario.

    3. Nun movemento circular, variación da velocidade angular co tempo.

    4. Compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á translación do fluído no espazo, na dinámica de fluídos.

    5. Incremento da ascensión recta do Sol medio nun día sideral.

    6. Aceleración complementaria, debida á rotación da terra, segundo o teorema de Coriolis.

    7. ariación da velocidade do punto respecto do tempo. É o vector a = dv/dt, onde v é o vector velocidade do punto. A unidade da aceleración é o m/s 2 .

    8. Na dinámica de fluídos, compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á variación co tempo das condicións da corrente.

    9. Regra internacional que determina a lonxitude das pistas de aterraxe dos aeroportos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir a aceleración á que está sometida un corpo, respecto dunha referencia fixa.

    VER O DETALLE DO TERMO