"Terc" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 452.

    1. Acción e efecto de rectificar.

    2. Recoñecemento dun erro ou corrección dun defecto do que poderían derivarse prexuízos para un terceiro.

    3. Conversión dunha corrente alterna a unha corrente unidireccional.

    4. Determinación da lonxitude ou do arco dunha curva.

      1. Operación de acabado a que se someten as pezas mecanizadas para corrixir as súas superficies.

      2. Operación que consiste en rectificar de novo os colos e os cóbados do cegoñal para que se axusten perfectamente.

      3. Operación para axustar escrupulosamente o cilindro dun motor a un pistón novo, para que o seu desprazamento sexa correcto.

      1. Destilación fraccionada á que se somete un líquido para purificalo ou separar os seus constituíntes.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de redistribuír.

    2. Sistema de intercambio en que os produtos de traballo dun grupo de individuos se centraliza, clasifica e reparte equitativamente entre produtores e non produtores.

    3. Modificación que afecta á distribución de bens ou rendas a consecuencia da intervención estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa de catro versos de arte menor, xeralmente octosílabos, que riman en consoante o primeiro co cuarto e o segundo co terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lle deu sucesivamente á dieta do Sacro Imperio Romano-Xermánico, á asemblea lexislativa do Segundo Reich (1871-1918), á cámara lexislativa da República alemá (1919-1933) e ao órgano do Terceiro Reich (1933-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fai referencia ou relación a algo ou a alguén.

    2. Que cómpre comparalo con algo para ser definido.

    3. Que é parcial ou non completo.

    4. Aplícase á relación que existe entre dous tons, un maior e outro menor, coas súas tónicas situadas a unha distancia de terceira menor e que teñen a mesma armadura na clave.

    5. Que introduce unha cláusula subordinada onde realiza unha función sintáctica, referíndose á vez a un antecedente. Tm s m, referido a pronome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico, de número atómico 75 e peso atómico 186,207, que pertence ao grupo VII B da táboa periódica, na terceira serie de transición, e que se aplica en electrónica e en procesos de hidroxenización, craking e reforming.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á respiración.

    2. Que serve para a respiración.

    3. Conxunto de estruturas que lles permiten aos animais o intercambio de gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desvelar algo que se tiña oculto.

    2. Dar a coñecer a Deus, unha cousa incognoscible pola simple razón aos homes, sexa por inspiración directa ou ben por medio doutras persoas, como un profeta ou un intercesor.

    3. Tratar as emulsións fotográficas nun revelado. Tm abs.

    4. Darse a coñecer na verdadeira esencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero perisodáctilo, que pertence aos xéneros Rhinoceros, Dicerorhinus, Diceros e Ceratotherium, da familia dos rinocerótidos, que presentan o corpo pesado, macizo e de grandes dimensións, a pel moi grosa e núa, dous cornos situados na rexión nasal, un detrás doutro, e ás veces un terceiro unido ao segundo, menos desenvolvido ca o anterior, un fociño aplanado e as patas curtas, moi robustas e rematadas en tres dedos. Habitan en chairas estépicas, sabanas e bosques, en zonas próximas a marismas, lagoas ou ríos, ou preto dos bosques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo sonoro da gaita formado pola unión de tres pezas de madeira, a prima, a tercia e a copa, encaixadas unhas nas outras, que emite un son grave constante e característico.

    VER O DETALLE DO TERMO