rinoceronte

rinoceronte

lat rhinocĕros gr ρινόχεωσς

Plural: rinocerontes
s m [ANIMAL ]

Mamífero perisodáctilo, que pertence aos xéneros Rhinoceros, Dicerorhinus, Diceros e Ceratotherium, da familia dos rinocerótidos, que presentan o corpo pesado, macizo e de grandes dimensións, a pel moi grosa e núa, dous cornos situados na rexión nasal, un detrás doutro, e ás veces un terceiro unido ao segundo, menos desenvolvido ca o anterior, un fociño aplanado e as patas curtas, moi robustas e rematadas en tres dedos. Habitan en chairas estépicas, sabanas e bosques, en zonas próximas a marismas, lagoas ou ríos, ou preto dos bosques.