rectificación

rectificación

lat rectificatĭōne

Plural: rectificacións
  1. s f

    Acción e efecto de rectificar.

  2. s f [DER ]

    Recoñecemento dun erro ou corrección dun defecto do que poderían derivarse prexuízos para un terceiro.

  3. s f [FÍS ]

    Conversión dunha corrente alterna a unha corrente unidireccional.

  4. s f [MAT ]

    Determinación da lonxitude ou do arco dunha curva.

    1. s

      Operación de acabado a que se someten as pezas mecanizadas para corrixir as súas superficies.

    2. rectificación do cegoñal

      Operación que consiste en rectificar de novo os colos e os cóbados do cegoñal para que se axusten perfectamente.

    3. rectificación dun cilindro

      Operación para axustar escrupulosamente o cilindro dun motor a un pistón novo, para que o seu desprazamento sexa correcto.

    1. s

      Destilación fraccionada á que se somete un líquido para purificalo ou separar os seus constituíntes.

    2. rectificación azeotrópica

      Rectificación que se realiza con mesturas que resultan difíciles de separar por destilación simple, mediante a adición dun axente separador que forme un azeótropo cun dos compoñentes da mestura, que teña un punto de ebulición menor ca os compoñentes da mesma.

  5. s f [TÉXT ]

    Operación de acabado dos tecidos para poñer rectos os fíos da trama arqueados.