"Morf" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 479.

  • Polimorfismo dun mineral que consiste en que o cambio da forma cristalina ten lugar sen destrución e coa orientación do novo cristal sobre o anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte moi pequena dun corpo.

    2. Termo que se adoita aplicar a todos aqueles morfemas, lexicais e gramaticais que non van dentro do grupo nominal e verbal.

    3. Constituínte fundamental da materia, que describe tanto obxectos aparentemente elementais que non parecen constituídos por unidades menores, coma obxectos compostos, constituídos por unidades máis elementais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave galiforme, da familia dos fasiánidos, que presenta un marcado dimorfismo sexual, con machos que teñen a cabeza, o pescozo e o peito de cor azul metálica, as partes superiores agrisadas con raias escuras e as ás e o resto do corpo de cor castaña escura. Presenta un penacho na cabeza e as ás supracaudais poden ser despregadas como un abano durante as exhibicións nupciais. OBS: Tamén se denomina pavo real.

      1. Insecto lepidóptero, da familia dos satúrnidos e dos linfálidos, que pertence aos xéneros Saturnia, Inachis e Pavonia.

      2. Insecto lepidóptero, da familia dos satúrnidos, que ten o corpo e as ás de cor castaña ou gris e con manchas ocelares nas ás.

    2. Capa moi fina de sulfuros e cloruros metálicos, de cor azul ou negra, con que son revestidas as superficies de metais ferrosos para que non enferruxen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pedaliáceas.

    2. Planta da familia das pedaliáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariais, que presentan pelos secretores de mucilaxe, follas simples opostas, flores cigomorfas, infundibuliformes e con xineceo bicarpelar, e froito en cápsula ou en aquenio, a miúdo apendiculados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pedomorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación que dá como resultado definitivo un aspecto semellante ao que é xuvenil e transitorio noutros individuos da mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno anómalo, frecuente nas plantas do xénero Linaria, polo que unha flor cigomorfa se converte en actimorfa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás peoniáceas.

    2. Planta da familia das peoniáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas perennes, da orde das dileniais, que presenta follas e flores solitaras e actinomorfas, grandes, e o froito de tipo polfolículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma polimorfa da albita que presenta unha cor branca e, ás veces, verdosa, porque contén clorita.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Individuo da especie humana.

      2. Mesmo individuo cando é unha persoa indeterminada.

      3. Conxunto ou grupo de persoas, sexa ou non recoñecido como persoa xurídica.

      1. Suxeito de dereito e deberes.

      2. Todo ser humano.

      3. Conxunto de persoas ou de bens recoñecidos para o Estado como un suxeito de dereito con personalidade independente dos seus asociados, ou dos seus favorecidos, que se organiza para a consecución de algo.

      1. Individuo humano como ser que, dotado de conciencia, transcende a realidade físico-biolóxica, goza dunha radical autonomía, realízase adecuadamente na relación cos outros e pode decidir por el mesmo o seu propio destino.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO