"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

  • Capa máis externa dos tres revestimentos dos nervios, composta por tecido conxuntivo denso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canto de vitoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en admitir unha posible obxección do adversario e refutar, a pesar diso, a súa opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa relixiosa que vive con austeridade, retirada do trato coa xente, e dedicada á oración e á meditación.

    2. Persoa que coida dunha ermida ou santuario.

    3. Cangrexo da división dos anomuros, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira. Á parte do par de pinzas presentan dous pares de patas funcionais. Algúns órganos, como as glándulas dixestivas, as gónadas e os órganos excretores, preséntanse no abdome en vez de na posición orixinal, no cefalotórax.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concepto, idea ou opinión que non é conforme á verdade ou á realidade.

    2. Feito ou acción que non se axusta ao que se debe ou é oportuno.

    3. Estado da persoa que ten ideas ou crenzas equivocadas ou falsas.

      1. Desviación respecto ao valor teórico ou real, que se orixina nas medidas ou nos cálculos que se realizan para a súa estimación.

      2. Diferenza alxébrica entre o resultado da medición experimental dunha magnitude e o seu valor real.

      3. Cociente entre o erro absoluto e o valor da magnitude medida, expresada en tantos por cento.

      1. Coñecemento defectuoso ou equivocado da realidade debido á ignorancia.

      2. Erro no que a ignorancia ou o coñecemento inexacto afecta a unha norma xurídica. Ten as consecuencias que en cada caso especifique a lei.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído ou barullo excesivo provocado xeralmente por voces.

    2. Feito, acontecemento ou dito considerado inmoral ou contrario ás conveniencias sociais, que dá lugar á indignación ou censura na opinión pública.

    3. Situación ou acción que se considera intolerable e provoca indignación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica que consiste no exercicio da dúbida como método. É unha teoría do coñecemento que expón que non hai ningún saber firme, nin que nunca se pode atopar unha opinión absolutamente segura.

      2. Doutrina que dubida da posibilidade dun coñecemento verdadeiro.

    1. Actitude que amosa a persoa que dubida de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Escitiano.

    2. Estadio único do Triásico Inferior correspondente ao dominio alpino, comprendido entre o Permiano e o Anisiano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera arácnido da orde dos escorpións.

    2. Orde de arácnidos terrestres, de corpo dividido nun prosoma anterior, cuberto por unha cuncha, e nun opistoma posterior, segmentado e dividido nun preabdome de sete segmentos, nunha cola estreita cilíndrica de cinco segmentos e un aguillón rematado en punta. O primeiro par de patas presenta pinzas que empregan para aferrar as presas.

    3. Percebella acuática, da familia dos népidos, caracterizada por presentar o primeiro par de patas modificado para apreixar os pequenos animais dos que se alimenta. A maioría presentan no extremo do abdome un tubo respiratorio, moi longo e fino, que manteñen por riba da superficie da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO