erro

erro

lat errōre

Plural: erros
  1. s m

    Concepto, idea ou opinión que non é conforme á verdade ou á realidade.

  2. s m

    Feito ou acción que non se axusta ao que se debe ou é oportuno.

  3. s m

    Estado da persoa que ten ideas ou crenzas equivocadas ou falsas.

    1. s

      Desviación respecto ao valor teórico ou real, que se orixina nas medidas ou nos cálculos que se realizan para a súa estimación.

    2. erro absoluto

      Diferenza alxébrica entre o resultado da medición experimental dunha magnitude e o seu valor real.

    3. erro relativo

      Cociente entre o erro absoluto e o valor da magnitude medida, expresada en tantos por cento.

    1. s

      Coñecemento defectuoso ou equivocado da realidade debido á ignorancia.

    2. erro de dereito

      Erro no que a ignorancia ou o coñecemento inexacto afecta a unha norma xurídica. Ten as consecuencias que en cada caso especifique a lei.

    3. erro de feito

      Erro no que a ignorancia ou o coñecemento inexacto afectan a un feito, a unha cousa ou a unha persoa, que non é unha norma xurídica.

    4. erro vencible

      Erro imputable ao descoido ou á neglixencia.

    1. s

      Xuízo explícito ou implícito no que a persoa que o formula se equivoca no obxecto.

    2. s

      Acción de equivocarse, de xulgar verdadeiro o que é falso ou á inversa.

    3. erro dos sentidos

      Erro derivado das funcións da percepción.

    4. erro tipo 1/erro alfa

      Equivocación ao rexeitar unha hipótese nula, tomada como falsa, cando é realmente verdadeira.

    5. erro tipo 2/erro beta

      Equivocación ao non rexeitar unha hipótese nula, se esta hipótese nula é realmente falsa.

  4. s m [FILAT ]

    Equivocación ou trastorno na elaboración dun selo.

  5. erro gráfico [XEOG ]

    Precisión coa que se indica nun mapa topográfico a situación dun punto do terreo representado. O erro gráfico adoita ser duns 0,2 mm.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Crer nos estereotipos é un erro moi común
  • Pagaredes moi caro o voso erro, Non tivo erros no exame
  • Saíu da secta cando se deu conta de que vivía nun erro

Refráns

  • A meIlbr besta dá coa carga no chan.
  • A quen erra, perdóalle unha ves mais non tres.
  • Co moito tropezar apréndese a andar.
  • De homes é equivocarse; de bestas, amansarse.
  • Dun erro nacen douscentos.
  • Erran os homes mais non erran os montes.
  • Errando, errando, vaise pouco a pouco acertando.
  • O erro do médico, a terra o tapa; o do avogado, o diñeiro o sana.
  • O erro sempre é igual: non sabendo, responder e, sabendo, contestar.
  • O peor do erro é que ás veces un trae un cento.
  • O que non coxea, trenquea /trenquelea.
  • Quen erra e se enmenda, a Deus se encomenda.
  • Quen erra e se enmenda, a non errar se eneomenda.
  • Quen non cae, non se ergue.
  • Tropezando, ao camiñar, apréndese a non caer.
  • Un erro calquera o ten.