ermitán -tá
ermitán -tá
Plural:
ermitáns
Masculino:
ermitán
Masculino plural:
ermitáns
Feminino:
ermitá
Feminino plural:
ermitás
-
s
Persoa relixiosa que vive con austeridade, retirada do trato coa xente, e dedicada á oración e á meditación.
-
s
Persoa que coida dunha ermida ou santuario.
-
s
m
[ANIMAL ]
Cangrexo da división dos anomuros, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira. Á parte do par de pinzas presentan dous pares de patas funcionais. Algúns órganos, como as glándulas dixestivas, as gónadas e os órganos excretores, preséntanse no abdome en vez de na posición orixinal, no cefalotórax.