"CIO" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 6371.

  • Relación primitiva entre os impulsos sexuais e os impulsos de autoconservación que proporcionan a fonte orgánica e o obxecto aos primeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se retira a un lugar solitario para levar unha vida de silencio, pregaria e mortificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou característica propia do analfabeto.

    2. Fenómeno social que existe como consecuencia dunha insuficiente escolarizacion.

    3. Proporción de analfabetos sobre a poboación total de maiores de 15 anos e que distingue a poboación feminina da masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que realiza análises con carácter profesional. Tm s.

    2. Especialista na análise do contido dun documento, especialmente na confección de resumos e na indexación.

    3. Economista especializado na investigación do funcionamento das empresas para deducir conclusións sobre a súa marcha futura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sílaba que funciona como longa ou como breve, segundo as necesidades métricas.  OBS: Tamén se denomina syllaba communis.

    2. Lugar do verso en que pode aparecer unha sílaba longa ou unha breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asegurar a embarcación coa áncora ou áncoras.

    2. Colocar unha peza, un aparato, unha máquina ou unha instalación de xeito que permaneza fixada á terra ou á estrutura do edificio en que vai funcionar.

    3. Tirar a áncora ou as áncoras, fixando solidamente a embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Andalucía.

    3. Dialecto do castelán.

    4. Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.

    5. Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ás illas Andaman ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante das illas Andaman.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo das illas Andaman.

      2. Individuo do pobo das illas Andaman.

    1. Pobo das illas Andaman, de pel escura, cabelo rizado e altura reducida.

    2. Fala illada dos habitantes das illas Andaman que se intentou relacionar co semang.

    VER O DETALLE DO TERMO