"Forman" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 633.

    1. milgranda.

      1. Proxectil cheo de material explosivo que se pode lanzar coa man ou cunha arma de fogo.

      2. Proxectil de aceiro que leva unha carga interior de balotes de chumbo e antimonio, unidos en condicións normais por un aglutinante co que forman unha masa compacta ata que se produce a explosión.

      3. Proxectil similar á granada de agresión química pero coa carga de fósforo branco, que serve para diminuír a visibilidade creando nubes de fume.

      4. Proxectil cheo de pequenos cilindros cargados de material inflamable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran pequeno ou partícula.

    2. Cela da granulación da fotosfera solar.

      1. Corpúsculo celular.

      2. Corpúsculo do cloroplasto, máis ou menos cilíndrico, que se constitúe por un conxunto de sacos discoides aplanados, que se forman como prolongación dos tilacoides. Contén a maior parte da clorofila dos cloroplastos.

    3. Pequena pílula que contén de 0,1 a 1 mg de substancia activa, recuberta por unha capa de sacarosa, goma arábiga ou lactosa. Empréganse moito en medicina homeopática.

    4. Partícula intracelular que se tingue especificamente con determinados colorantes.

    5. Elemento de forma máis ou menos esférica que se pode observar no interior ou na superficie de células, tecidos ou órganos. Pode ser normal ou patolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.

      2. alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.

      3. Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.

      4. Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudos de ensino medio e superior.

      5. Cada unha das partes en que se divide a duración das penas.

      6. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou distancia que separa o padal e a lingua, nunha emisión vocálica normal.

      7. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou marxe de abertura do canal glótico ou supraglótico, nunha emisión consonántica normal.

      8. Cada un dos valores ou nivel de expresión susceptible de ser manifestado por un adxectivo. Distínguense tres graos: o positivo, o comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e o superlativo.

    1. Nome que acompaña os títulos de certos estudos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos animais ou aos vexetais que teñen tendencia a agruparse formando asociacións.

      1. Aplícase á persoa ou ás actitudes que defenden os intereses dun grupo ao que pertencen.

      2. Que asume os xuízos e actos alleos como se fosen propios, sen cuestionalos nin pararse a pensar por si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coroa tecida con flores e ramas.

    2. Motivo decorativo formado por follas, flores e froitos unidos por cintas de maneira que forman un todo continuo que colga por un dos seus extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Certo número de persoas, animais ou cousas que forman un conxunto por ter semellanzas ou características en común ou por estar no mesmo lugar.

      2. Conxunto de figuras, retratos, pinturas ou outra manifestación artística, que forman unha unidade nunha obra.

      3. Escultura integrada por un conxunto de figuras.

    1. Estrutura alxébrica que se constitúe por un conxunto G onde se define unha operación, que para calquera elemento a, b, c de G cumpre que ten a propiedade asociativa, que G contén un elemento neutro e e que para calquera elemento a existe outro en G, que se representa por a’, que é o seu inverso.

    2. Conxunto de dúas máquinas, xeralmente un motor e un xerador, que se axustan mecanicamente.

      1. Reunión de dúas ou máis consoantes sucesivas con ou sen unidade silábica.

      2. Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e supeditado a unha sílaba tónica preponderante que regula o resto dos acentos secundarios, de acordo, ou non, coas sílabas tónicas dos outros elementos.

      3. Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e limitado por dúas pausas.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base púrica nitroxenada que contén un grupo guanidínico e que entra na constitución dos nucleótidos que forman parte da estrutura dos ácidos nucleicos. Nas secuencias nucleotídicas represéntase coa letra G.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estandarte que serve de guía nunha procesión ou comitiva.

      1. Escrito en que se apuntan de xeito esquemático e ordenado unha serie de puntos ou ideas que serven de guía para un discurso ou exposición.

      2. Texto en que se expón o argumento e os detalles técnicos necesarios para o desenvolvemento dunha película ou dun programa de radio ou televisión.

    2. Signo ortográfico <-> en forma de raia horizontal curta, que se emprega para unir os elementos que conforman unha palabra composta e para separar as sílabas dunha palabra en final de liña.

    3. Parte do remo comprendida entre a cana e o puño, ou cando está armado, a que media entre o tolete e o puño, por onde se agarra para vogar.

    4. Signo que, colocado sobre unha nota, indica que esta debe sosterse en toda a súa duración (tenuto). No baixo cifrado significa a continuación da harmonía precedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico dos compostos binarios formados pola combinación dun halóxeno cun hidróxeno, con metais ou con outros halóxenos.

    2. Cristais de prata sensibles á luz na emulsión dunha película, que conforman a imaxe fotográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perfecta adaptación das partes que forman un todo.

    2. Boa disposición entre dúas ou máis persoas.

    3. Combinación de sons acordes ou agradables ao oído.

      1. Ciencia que ten por obxecto a formación e o encadeamento dos acordes.

      2. Estrutura dunha obra ou dun fragmento musical considerada desde o punto de vista dos acordes e das relacións entre eles para formar ideas musicais.

      1. Fenómeno fonético polo que o sistema vocálico se compón de dous grupos de elementos separados por unha oposición distintiva, de maneira que unha soa palabra pode presentar elementos vocálicos de cada un dos grupos respectivos. OBS: Tamén se denomina harmonización vocálica.

      2. Fenómeno fonético mediante o cal os timbres dos fonemas vocálicos dunha determinada palabra tenden a equilibrarse pola presenza dun i tónico ou dun iode que palataliza unha vogal veciña, ou dun u tónico que, polo xeral, pecha a velar de grao medio pechada /o/. OBS: Tamén se denomina harmonización vocálica.

    VER O DETALLE DO TERMO