"Fu" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3886.

  • Fenómeno histórico mesianista que se produciu a raíz da crenza popular portuguesa de que o rei Sebastián I non morreu na batalla de Qsar el Kebir (1578), xa que fundamentaron a esperanza de independencia de España no retorno do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Graxa sólida obtida por fusión e refinamento dos tecidos adiposos do gando, que se emprega para facer velas, xabóns e ungüentos.

    2. Secreción lipídica de carácter excretor, que ao mesmo tempo lubrifica e impermeabiliza os pelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide un todo.

    2. Acción e efecto de seccionar algo.

    3. Intersección dun plano cunha superficie.

    4. Corte practicado nun corpo, nun terreo ou nun obxecto que permite o estudo da estrutura interna.

    5. Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dun corpo calquera como se estivese cortado segundo un plano determinado.

    6. Categoría taxonómica inferior ao xénero e superior á serie e á especie.

    7. Parámetro característico da interacción dunha partícula ou conxunto de partículas fundamentais coa materia, que depende do tipo de interacción, das partículas que interveñen e da súa enerxía. A unidade de medida é o barn.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudos referentes á función de secretario de oficinas e despachos.

    2. Cargo de secretario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se encarga da administración e funcionamento dunha empresa, organismo ou oficina.

    2. Persoa encargada de redactar as actas e as memorias, dar fe dos acordos, custodiar os documentos e escribir a correspondencia nalgunha asemblea ou organismo.

    3. Funcionario real encargado da correspondencia secreta e das cartas do selo secreto, a miúdo con funcións administrativas e de goberno.

    4. Ave, da familia dos saxitáridos, que ten as patas moi longas, de cor gris e negra, coa cara amarela, a pel de arredor dos ollos núa e tirando a vermella e unha longa plumaxe eréctil arredor da cabeza. OBS: Tamén se denomina serpentario.

    5. Xefe do órgano superior dun departamento ministerial situado entre o ministro e o subsecretario, encargado dunha determinada unidade ou subdivisión.

    6. Ministro principal, nalgúns estados americanos, que fai as funcións de primeiro ministro e, ás veces, é o encargado dos asuntos exteriores.

    7. Cardeal presidente da secretaría oficial do Estado.

    8. Cabeza ou dirixente principal dalgúns partidos políticos.

    9. Funcionario público, que forma parte do persoal da administración de xustiza, que dá fe dos actos e das dilixencias dun tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o segundo lugar dentro dunha orde establecida.

    2. Que ocupa o segundo lugar segundo o nivel de importancia.

    3. mesozoico.

      1. Aplícase ao átomo de carbono que, nunha molécula orgánica, está unido a dous átomos de carbono.

      2. Aplícase aos grupos funcionais, cando se atopan unidos a un carbono secundario.

      3. Aplícase á amina na que existe un grupo –NH– unido a dúas cadeas carbonadas ou ben a unha de cíclica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Filamento de cor branca ou amarelenta, brillante, flexible, suave e illante de electricidade, que constitúe o casulo segregado polo verme do lepidóptero Bombyx mori.

    2. Fío e tecido elaborado coas fibras do casulo do verme de seda.

    3. Substancia filamentosa utilizada en cirurxía para facer suturas e ligaduras.

    4. Pelo groso e áspero que recobre o corpo de certos animais.

    5. Escleroproteína líquida que se endurece segregada polas glándulas abdominais das fileiras dos arácnidos e de certos insectos, coa que constrúen arañeiras e confeccionan casulos.

    6. Pelo illado con funcións sensitivas, situado na superficie do tegumento dos artrópodos.

    7. Arbusto, da familia dos asclepiadáceos, que se caracteriza por ser laticífero, ter as follas estreitamente lanceoladas, as flores brancas e froitos en folículo con sementes de plumaxe sedosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sedimentar.

    2. Método empregado para a determinación de pesos moleculares de proteínas mediante unha ultracentrífuga.

    3. Precipitación dos sedimentos que se acumulan formando estratos.

    4. Propiedade dos coloides pola que as partículas de substancia insoluble se separan lentamente pola gravidade do medio líquido e se depositan no fondo do recipiente que os contén.

    5. Produción dun depósito de sedimento ou pouso.

    6. Procedemento empregado en análise química para clasificar os corpos segundo as dimensións das súas partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de segregar ou segregarse.

    2. secreción.

    3. Disociación da parella de xenes no proceso de maduración.

      1. Falta de homoxeneidade nas diferentes partes dunha aliaxe, de composición química diferente, a causa da diferenza nas temperaturas de fusión dos metais que a compoñen.

      2. Separación de compoñentes heteroxéneos durante a solidificación dunha aliaxe.

    4. Tipo de racismo que consiste na separación, dentro dunha comunidade, de persoas dunha ou máis etnias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número dous nunha serie.

    2. Que segue inmediatamente ao primeiro en categoría ou en orde xerárquica. Tm s.

    3. Que é de máis importancia ou superioridade, con respecto a un primeiro grao elemental.

    4. Unidade de tempo do SI, definida como a duración de 9.192.631.770 períodos da radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do átomo de cesio 133.

    5. Unidade de medición de ángulos e arcos que equivale á sesaxésima parte dun minuto.

    6. En segundo lugar.

    7. Unidade angular que equivale á sesaxésima parte dun minuto angular.

    VER O DETALLE DO TERMO