seda

seda

lat saēta ‘pelo do porco’

Plural: sedas
  1. s f [TÉXT ]

    Filamento de cor branca ou amarelenta, brillante, flexible, suave e illante de electricidade, que constitúe o casulo segregado polo verme do lepidóptero Bombyx mori.

  2. s f [TÉXT ]

    Fío e tecido elaborado coas fibras do casulo do verme de seda.

  3. s f [MED ]

    Substancia filamentosa utilizada en cirurxía para facer suturas e ligaduras.

  4. s f

    Pelo groso e áspero que recobre o corpo de certos animais.

  5. s f [ZOOL ]

    Escleroproteína líquida que se endurece segregada polas glándulas abdominais das fileiras dos arácnidos e de certos insectos, coa que constrúen arañeiras e confeccionan casulos.

  6. s f [ZOOL ]

    Pelo illado con funcións sensitivas, situado na superficie do tegumento dos artrópodos.

  7. árbore da seda [PLANTA ]

    Arbusto, da familia dos asclepiadáceos, que se caracteriza por ser laticífero, ter as follas estreitamente lanceoladas, as flores brancas e froitos en folículo con sementes de plumaxe sedosa.

Sinónimos

Frases feitas

  • Como unha seda 1 Desenvolverse algo sen obst

  • 2 Ser ou comportarse unha persoa de forma submisa.