"mita" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 552.

  • Pobo da Gallaecia, do Convento Bracarense, que se estendeu por unha área mal delimitada da rexión de Trás-os-Montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limitación á liberdade de testar que a lei impón no testador, que consiste no deber de atribuír aos seus parentes da liña directa descendente ou ascendente un valor patrimonial a cargo da herdanza.

    2. Parte da lexítima que ten que dividirse con absoluta igualdade entre os herdeiros forzosos.

    3. Herdanza composta pola lexítima e pola mellora.

    4. Aquilo que hai que engadir á cantidade deixada polo testador a un herdeiro forzoso para que sexa igual á lexítima que lle corresponde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de liberal, especialmente en economía ou política.

    2. Doutrina e sistema que defende a liberdade política e económica. Parte do recoñecemento da liberdade como un dereito para todos os homes, pero o sentido preciso do termo cambia segundo o terreo específico ao que se refire e modificouse considerablemente ao longo do tempo.

    3. Doutrina e sistema económico que se basean na convicción de que a liberdade dos comportamentos individuais garanten unha produción óptima co mínimo custo. Defende que o afán de ganancia e o espírito de competencia individual concordan cos intereses necesarios para o bo funcionamento da economía, e oponse ao control por parte do Estado, que debe limitarse a asegurar a liberdade de contratación, o cumprimento da lei, e favorecer o libre xogo dos mecanismos do mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer que alguén recobre a liberdade.

      2. Devolver a liberdade a un territorio que estaba ocupado ou sometido.

      3. Facer que algo ou alguén quede libre dunha carga ou obriga.

    1. Emitir enerxía un sistema a costa de diminuír a súa enerxía total.

    2. Quedar alguén libre de algo que o limita ou coarta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición.

      2. Permiso que ten alguén para facer algo.

      3. Desenvoltura ou naturalidade de movemento.

      1. Dereito fundamental mediante o que toda persoa pode manifestar publicamente as súas opinións ou crenzas.

      2. Liberdade de xulgar sen imposición de dogmas nin de ditados.

      3. Estado dos cidadáns que son libres en todo aquilo que a lei non prohibe explicitamente.

      4. Situación de liberdade que se lle concede ao procesado durante a tramitación da causa, baseándose nos antecedentes penais e na natureza do delito.

      5. Dereito individual para profesar calquera crenza relixiosa e para manifestala a través de cerimonias litúrxicas.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina económica baseada no librecambio pola que non se deben impedir as importacións nin obstruír as exportacións. Ataca a existencia de aranceis, as restricións cuantitativas e de outros medios que limitan a circulación de produtos entre os países, pero xustifica a existencia de controis e imposicións con obxectivos fiscais ou sanitarios. Os métodos para promover un comercio máis libre son a redución unilateral das barreiras comerciais, os tratados comerciais bilaterais ou dun grupo de países e a negociación multilateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de guerra lixeira, coa popa alongada e estreita e con dúas fileiras de remos que os romanos imitaron das naves dos piratas de Liburnia, a mediados do século I a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode limitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de limitar ou limitarse.

    2. Aquilo que limita ou impide o desenvolvemento de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO