librecambismo
librecambismo
librecambio
s
m
[ECON ]
Doutrina económica baseada no librecambio pola que non se deben impedir as importacións nin obstruír as exportacións. Ataca a existencia de aranceis, as restricións cuantitativas e de outros medios que limitan a circulación de produtos entre os países, pero xustifica a existencia de controis e imposicións con obxectivos fiscais ou sanitarios. Os métodos para promover un comercio máis libre son a redución unilateral das barreiras comerciais, os tratados comerciais bilaterais ou dun grupo de países e a negociación multilateral.