"ectro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 454.

  • Instrumento que se emprega para medir con precisión as flutuacións da lonxitude de onda das liñas do espectro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Punto artificial de luz que se produce pola combustión de elementos líquidos, sólidos ou gasosos de carácter inflamable ou mediante procedementos eléctricos.

      2. Luz constituída por un depósito onde vai un líquido combustible, xeralmente aceite, e unha mecha, sumerxida no líquido cun cabo que sobresae, que unha vez acendido produce unha luz feble.

      3. Lámpada que presenta no interior da ampola un gas ou un vapor e dous electrodos metálicos, entre os que se produce a descarga eléctrica, unha vez producido o encebamento mediante un dispositivo auxiliar.

      4. Lámpada concibida para examinar a parte anterior do ollo, a que mostra en sección, mentres o resto queda na escuridade ao ser atravesada por un raio plano de luz intensa.

      5. Lámpada que contén no interior da ampola vapor dun halóxeno, xeralmente iodo, grazas ao que se obtén máis luz, á vez que se prolonga a súa vida.

      6. Aparato constituído por un filamento de tungsteno, situado no baleiro ou nunha atmosfera dun gas noble. Consta dunha ampola de vidro de forma esférica, alongada por un extremo, onde está o casco metálico, que adoita ser de rosca ou de baioneta.

    1. Soporte no que se poden colocar un ou máis puntos de luz.

    2. Dispositivo eléctrico semellante a unha bombilla que teñen as radios e as televisións no seu mecanismo interno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unha das sete cores do espectro solar. As lonxitudes de onda da luz laranxa compréndese entre 5.970 Å e 6.220 Å.

    2. Froito comestible da laranxeira que ten forma redondeada, ovalada ou periforme, tamaño variable e está dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce e ten un elevado contido vitamínico e de diversos sales minerais. Tamén contén aminoácidos e pectinas.

    3. Cor entre amarela e vermella. Tm adx.

      1. Materia colorante laranxa.

      2. Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.

      3. Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para a estampación de fibras como o algodón, seda e la e para facer lacas ou tinguir pel.

      4. heliantina.

    4. Fungo ascomiceto, da orde das pecizais, que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, coa marxe lobada e co himenio no interior da copa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha largura considerable.

    2. Que non se axusta e queda folgado.

    3. Dimensión máis pequena nunha superficie que ten dúas, en oposición á lonxitude.

      1. Anchura dunha banda de enerxía que, nun espectro de frecuencias, é a diferenza entre o límite superior e o inferior dunha banda.

      2. Diferenza entre a máxima e a mínima frecuencia dunha banda espectral.

      3. Indeterminación do nivel de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Díodo electroluminiscente que se emprega habitualmente como elemento de sinalización en aparellos e circuítos electrónicos de baixo consumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anel de colisión entre electróns e positróns que consiste nunha instalación subterránea que circula conectada cos sincrotóns PS e SPS. Construído polo CERN, foi inaugurado en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de puntos do plano ou do espazo que son a imaxe, para unha aplicación continua, do conxunto dos números reais.

    2. Trazo que representa unha liña.

    3. Trazo dun grosor moi pequeno en relación coa súa lonxitude.

    4. Curvas de nivel que se corresponden a cotas expresadas en valores negativos, contados a partir da superficie do mar.

    5. Liña imaxinaria que une os puntos dunha costa en preamar ou en baixamar que teñen lugar á mesma hora.

    6. Lugar xeométrico dos puntos de contacto de dous perfís conxuntados dos dentes dunha engrenaxe durante o movemento.

    7. Liña dun campo vectorial na que os vectores que corresponden aos seus puntos son tanxentes a ela.

    8. Liña que, no seo dun fluído en movemento, nun instante determinado, é tanxente, en cada punto, ao vector velocidade do fluído neste punto.

    9. Liña de contacto entre a costa e o mar, que pode presentar diversas formas segundo o tipo de costa.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico de espectro reducido, que actúa fundamentalmente sobre bacterias Gram-positivas e bacterias anaeróbicas. A súa acción é predominantemente bactericida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo clorado, isómero γ do hexaclorociclohexano. É un sólido cristalino incoloro que se emprega como insecticida de amplo espectro e acaricida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que resulta do fraccionamento electroforético das lipoproteínas do soro sanguíneo. Está constituído por catro bandas formadas, respectivamente, por quilomicróns, β-lipoproteínas pre-β-lipoproteínas e α-globulinas.

    VER O DETALLE DO TERMO